domingo, 24 de novembro de 2013
sábado, 23 de novembro de 2013
MOI BEN!!
Moi ben!!! Como as probas que tiñades que facer foron superadas por todos vós, as maletas viaxeiras xa empezaron a rular!!
sábado, 26 de outubro de 2013
AS MALETAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA VIAXE!
Como xa sabedes, o vindeiro luns 28 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares.
As maletas viaxeiras están moi pero que moi impacientes
porque desexan viaxar xa ós vosos fogares. E este curso hai novidades
dentro dela!! Queredes saber que conteñen? Pois vai ser que hai que
esperar ó luns...
Os nenos e nenas teredes que pasar unhas probas para poder conseguir a vosa maleta viaxeira e así poder levala de viaxe as vosas casas. A por elas!!
Lembrade: SE QUEREDES AVENTURA.... LANZÁDEVOS Á LECTURA!!
Ata o luns!!

mércores, 24 de abril de 2013
ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO
Durante esta semana levaremos a cabo diversas actividades para celebrar o "Día do libro" na escola.
Nas horas de lectura os nenos e nenas están a coñecer a Miguel de Cervantes e a súa obra "Don Quijote de la Mancha", tendo un libro ilustrado desta obra en cada ciclo
Sesións de cine: visionado da película "Donkey Xote" na Biblioteca para o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria
Contacontos: "O Principiño en Madagascar",historia basada nun feito real levado a cabo por Raquel, grazas a colaboración da Ed. Santillana.
Estade atentos porque poremos as fotos en breve!
O PRINCIPIÑO
Autor:Antoine de Saint-Esupery

23 DE ABRIL DIA DO LIBRO
Para celebrar o Día Mundial do libro PAULA CARBALLEIRA agasalla con este texto ás Bibliiotecasa Escolares de Galicia
SÓ UN LIBRO
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que? Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo. Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada. É só un libro.
aréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non. Que vai reaccionar!
Espera. O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min. Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir. Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia! Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
Paula Carballeira

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)