mércores, 24 de abril de 2013

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

Durante esta semana levaremos a cabo diversas actividades para celebrar o "Día do libro" na escola.

Nas horas de lectura os nenos e nenas están  a coñecer a  Miguel de Cervantes e a súa obra "Don Quijote de la Mancha", tendo un libro ilustrado desta obra en cada ciclo

Sesións de cine: visionado da película "Donkey Xote" na Biblioteca para o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria

Contacontos: "O Principiño en Madagascar",historia basada nun feito real  levado a cabo por Raquel, grazas a colaboración da Ed. Santillana.

Estade atentos porque poremos as fotos en breve!




 O PRINCIPIÑO 
Autor:Antoine de Saint-Esupery

23 DE ABRIL DIA DO LIBRO

 Para celebrar o Día Mundial do libro PAULA CARBALLEIRA agasalla con este texto ás Bibliiotecasa Escolares de Galicia

SÓ UN LIBRO
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que? Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo. Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada. É só un libro.
aréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non. Que vai reaccionar!
 Espera. O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
 Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min. Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir. Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia! Non está nada mal.
 Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
 Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
 Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.




Paula Carballeira