martes, 18 de xuño de 2019

CONTACONTOS CON 5°

Os nenos de 5° de Educación Primaria prepararon novos contos en Inglés como nos teñen acostumados, pero esta vez, un para o alumnado de Educación Infantil e outro para 3°de Educación Primaria.

Aos máis pequenos contáronlles Where's Spot? coa axuda de monicreques mentres que ós maiores lles teatralizaron Cat and Mouse go to London. 



Se vos gustou ou estades intrigados, podedes atopalos no recuncho de Inglés da Biblioteca,  eso sí, dádevos presa que xa só quedan 3 días de apertura! 

OBRADOIRO 5° & 6°

Os nenos de sexto de Educación Primaria estiveron traballando este trimestre nun obradoiro sobre as emocións e recentemente expuxeron o seu traballo.



martes, 11 de xuño de 2019

EXPOSICIÓN DO PDI

Todas as clases están dando os seus últimos retoques ao proxecto que desenvolveron ó longo do curso, cada un do seu país: Educación Infantil con Australia e Italia, 1º e 2º con India, 3º e 4º con Exipto, 5º e 6º con Brasil e dende a materia de Inglés Estados Unidos con todo o alumnado.

Decoramos as nosas aulas...


Buscamos información...


Deixamos voar a nosa imaxinación....



O próximo 19 de xuño poderemos ver o resultado na Biblioteca e nas diferentes aulas do cole. Dende alí viaxaremos polos diferentes países da man dos anfitrións de cada grupo. 


Preparade o voso pasaporte!


Aquí vos deixamos un adianto do que vos atoparedes...










mércores, 5 de xuño de 2019

CONTINUAMOS RENOVANDO OS FONDOS

Achegádevos á Biblioteca para descubrir os novos fondos na zona de consulta, Música

e na zona de Inglés. Esta é só unha mostra de tódolos libros novos que chegaron a Bibliotebra este mes. A desfrutalos!





martes, 4 de xuño de 2019

CONTACONTOS EN INGLÉS DE 5°

A pasada semana os nenos de 5° de Educación Primaria realizaron dous contacontos en Inglés para o alumnado de 1° e 2° na Biblioteca. Os libros que escolleron tratan dúas temáticas moi interesantes como son o bullying e os problemas para durmir.

Se queredes lelos, podedes atopalos na sección de Inglés da Biblioteca.



Ata se atreveron a acompañar os contos dunha pequena dramatización.

Estamos desexando ver o próximo!