Por primeira vez na historia aprázase o acto das Letras Galegas e pasará a celebrarse o día 31 de outubro.
A Real Academia Galega decidiu que, por mor desta situación que estamos a vivir, se aprace o pleno extraordinario que se celebra cada 17 de maio ata o mes de outubro. Trátase dunha medida que nunca antes ocorreu na historia das Letras Galegas, as cales este ano se adicaban a Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e foi mestre e escritor galego. Membro da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega.
O Colexio San Pío de Ourense fixo un vídeo onde podemos repasar a vida deste autor e aprender un chisco máis. Botádelle un visual, seguro aprendemos.
O 2 de maio vén de celebrarse o día internacional fronte ao ACOSO ESCOLAR.
Esta conmemoración nace co fin de concienciar sobre o risco que está tendo o acoso escolar, ou tamén coñecido como bullying, tanto en nenos/as como nos/as adolescentes a nivel global.
O seu obxectivo é atopar os mecanismos precisos para evitar esta triste traxedia que, a día de hoxe, continúa a ser un terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.
O día da conmemoración foi escollida polas asociacións de nais e pais así como tamén participaron nela diversas asociacións NON gubernamentais para concienciarnos sobre este risco e brindarnos métodos e recursos para evitar este tipo de situacións no ámbito escolar.
Dende o equipo de BiblioTebra sumámonos a esta conmemoración e esiximos o