Hoxe Nerea eMaría, de 4º de Educación Primaria, quérennos falar das súas últimas lecturas.
Nerealeu unha dasNOVIDADESque chegou recentemente á biblio. É da colecciónAnna KADABRA, de Pedro MañaseDavid Sierra. Xa a coñecedes???
María leu un libro de Billie B. Brown, escrito por Sally Rippin. Gústalle tanto que está desexando que cheguen máis libros desta colección á biblio para poder lelos.
Rapazas, moitas grazas por compartir as vosas lecturas con nós! Está xenial que pasedes por aquí para contarnos que libros vos gustan!
O próximo domingo, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. O tema deste ano "Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade" recoñece que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión.
É unha conmemoración especial, porque con ela ponse de manifesto a importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades, fomentando así a tolerancia e o respecto dos demais.
A diversidade lingüística encóntrase cada vez máis ameazada, con un maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio, unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual. (UNESCO).
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible.
Na celebración do ano pasado, a Xunta de Galicia celebrábao xunto a outras Comunidades Autónomas e outorgábanlle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español a Guadi Galego polo seu disco Inmersion, que incorpora músicas cantadas en sete linguas do Estado e que conta con colaboracións chegadas de diferentes partes da Península.
"Coa extinción dos idiomas pérdense posibilidades, tradicións, lembranzas, modalidades únicas de pensamento e de expresión; recursos valiosos e necesariios para lograr un futuro mellor (...). Por iso, debemos coidar de todas as linguas". (O portal da lingua galega).
A cebra Lily quería saber que era o amor e pensaba que con disfraces e caretas o conseguiría, pero o que conseguiu foi que os seus amigos escachasen coa risa. Así que consultou a súa familia e, finalmente, deuse conta de que o amor se leva por dentro e hai que coidalo cada día en cada membro da familia e cada amigo.
¿Que é o amor?, pregúntase Emma. Plantéxalle a cuestión a súa romántica nai, ao seu papá amante do fútbol, a súa avoa reposteira, ao seu avó, traballador dunha fábrica de coches... E obtén catro respostas diferentes. Non hai maneira de aclararse! Emma sinte que a cabeza lle da voltas...
Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día da muller e a nena na ciencia.
Dende BiblioTebra queremos facer visible o movemento #NoMoreMatildas, desenvolvido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas(AMIT), que pretende destruir os estereotipos que fan crer ás pequenas que son menos intelixentes ou menos capaces para a ciencia que os chicos.
Esta campaña denuncia o feito de que moitas científicas fosen invisibilzadas, só polo feito de ser mulleres. Polo que intenta devolverlles o protagonismo que sempre deberon ter.
Este ano o 9 de febreiro celébrase o Día de Internet Segurabaixo o lema "Unha internet mellor comeza contigo: máis conectados, máis seguros"
RECOMENDACIÓNS PARA UN USO SEGURO DE INTERNET
Con estes sinxelos e prácticos pasos poderás aprender como estar máis segur@ cada vez que entras en Internet:
Se empregas redes sociais, evita o contacto con persoas estrañas. Non aceptes invitacións de persoas que non forman parte do teu círculo familiar ou social.
Utiliza unha conexión segura. É recomendable que o fagas desde a túa casa e non en lugares públicos, xa que calquer persoa podería averiguar os teus datos con maior facilidade.
Evita dar información confidencial, como teléfonos, direccións, fotografías, claves...
Elimina canto antes os correos ou vínculos sospeitosos.
Pide orientacións ás persoas maiores, especialmente aos familiares máis cercanos, porque te aconsellarán para un uso correcto para navegar por Internet.
Internet é unha ferramenta para conseguir información e comunicarse, un mundo cheo de posibilidades pero con regras. No seguinte vídeo descubrirás como facer un uso responsable do teléfono, como evitar o ciberacoso, como saber que son e como se identifican as fake news e tamén como protexer a túa privacidade online.
SEIS PASOS PARA A DESESCALADA DIXITAL EN FAMILIA
Durante o último ano, pola cantidade de tempo que tivemos que permanecer na casa, o uso da tecnoloxía disparouse e adicámoslle máis tempo do que faciamos antes.
Pantallas Amigas e Twitter promoven unha campaña que invita a revisar os hábitos de sobreuso de Internet, móbiles, redes sociais e videoxogos que se puideron adquirir durante o período de confinamento.
Despois da recomendación que Sira nos fixo do libroA pomba dona paz(se non a viches podes vela aquí), o escritordo mesmo quixo aproveitar para pasar por aquí e recomendarnos outro libro que nos vai encantar. Titúlase Andanzas de Xan Farrapeiro e vainos enviar ao cole un exemplar firmado por el para que gocemos da súa lectura.
Ramón Caridedeixounos un vídeo onde el mesmo nos explica isto e máis, seguro que vos encanta!!!
Moitas grazas Ramón, esperamos volver a verte pronto!!!
Que marabilla!!! Leo está feliz de ver o moito que vos gusta ler. Encántalle que pasedes por aquí para falarnos das historias que ledes e que tanto vos gustan.
Hoxe é Celia, de 1º de educación primaria, que nos fala do libro Orellas de bolboreta, de Luisa Aguilar. Se non o coñecedes tedes que lelo, está xenial!!!