O5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente pediulle a Jordan Sánchez que fixera un poema para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente 2021.
O resultado é un poema titulado "Recrea, reimaxina, restaura!". A súa intención é que os seus oíntes pasemos á acción, que deixemos de saquear e comenzar a protexer os recursos do planeta.
A seguinte actividade é para os rapaces e rapazas que coñecedes ben como atopar información na biblio. É unha actividade que transcorre na biblio "virtual" e na que teredes que poñer en prácticas os vosos coñecementos para chegar a tempo. Atréveste?