Con motivo do Día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o EDGL do CEIP de Tebra organizan un concurso de recitado de poemas da autora.O alumnado poderá participar individualmente, en parellas, en grupos ou acompañados dun membro da súa familia. Neste último caso os familiares deberán ensinar o certificado de vacinación para acceder ao centro.A actividade consiste en escoller un poema (en galego ou castelán) da autora e recitalo de xeito expresivo e escenificado nun acto que celebrará no cole. Os pormenores desta conmemoración (horario, etc.) serán publicados neste blog nos días seguintes ao peche da inscripción.A incripción realizarase a través das titoras. A data límite é o 7 de febreiro.
mércores, 26 de xaneiro de 2022
CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS
Recomendacións día da Paz
Bos días, lectores e lectoras!
Hoxe traémos unha nova que nos trouxo Cunchiña, sabedes cal é?
Efectivamente, achégase o día da Paz, e dende a biblio temos propostas moi chulas para conmemoralo e aprender moito sobre personaxes que lograron cambiar o mundo. Apetécevos miralas? Botádelle un ollo ao seguinte vídeo.
Ata pronto!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)