venres, 20 de maio de 2022

Letras Galegas 22: Florencio M. Delgado Gurriarán

 Este ano celebramos as letras galegas por todo o alto!

 

Reunímonos á sombra da cerceira do noso patio para desfrutar dunha programación moi variada.

- recitado de poemas de Florencio Delgado Gurriarán

- dar agasallos aos participantes do concurso de renovación da mascota do EDLG

- Lucas Silva, o cañador por CATUXA, foi premiado e entrevistado polos compañeiros/as de 6º

- Ed. Infantil bailou Indo eu a caminho de visseu

- Ed. Primaria interpretou o Himno Galego 

- Plantamos a camelia que nos regalou o concello polo día de Rosalía

Este acto tan bonito foi presentado por un grupo de alumnos/as de 6º de EP, a quen lle damos as grazas e os nosos parabéns!

Ademais deste fermoso acto, o alumnado realizou diferentes murais:

Florencio Delgado Gurriarán



Un mar de palabras


martes, 17 de maio de 2022

Día das Letras Galegas

Como moitos e moitas xa sabemos, cada 17 de maio en Galicia conmemoramos o Día das Letras Galegas. Un día para festexar a nosa lingua e as nosas verbas. Este ano 2022, a RAG (Real Academia Galega) decidiu homenaxear ao escritor Florencio Delgado Gurriarán. 

Deixamos máis abaixo un interesante vídeo sobre a súa biografía que crearon os nenos e nenas do CEIP San Pio X, en Ourense. 

Ver las imágenes de origen



Se tedes ganas de ler algo sobre Florencio Delgado, na biblio dispoñemos de varios títulos que vos poden interesar como por exemplo:











Agardamos que poidades coñecer un pouquiño máis sobre este autor. 

Deica pronto. 


luns, 2 de maio de 2022

EXPOSICIÓN DO PDI

A nosa biblioteca convertiuse nun museo!
Durante o mes de maio poderás visitar a exposición sobre os diferentes Camiños de Santiago que traballou o alumnado. Podes vir en horario de tarde acompañado de quen ti querias para amosarlle o traballo.
Haberá unhas tablets coas que escanear o código QR que contén o "audio-guía" sobre cada camiño. Algunhas familias xa viñeron e gustoulles moito!
Ademais de audios explicativos tamén atoparás cancións, como esta sobre como tocar as cunchas!