O primeiro trimestre xa rematou e comezan as esperadas vacacións de Nadal. Pero que hai mellor que ler un libro en Nadal e en familia???
Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras . Esperamos que vos gusten!!!
O primeiro trimestre xa rematou e comezan as esperadas vacacións de Nadal. Pero que hai mellor que ler un libro en Nadal e en familia???
Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras . Esperamos que vos gusten!!!
Boas a tod@s!!!
Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares fixemos un breve acto de inauguración na nosa biblioteca no cal repartimos as mochilas viaxeiras a cada curso como facemos cada ano.
Ademais os nenos e nenas de cada curso tiveron que descubrir mediante unhas pistas que nos deixou Leo, a nosa mascota, o PDI que vamos a levar acabo este ano no centro e que son os medios de comunicación. Pasámolo xenial!!!
Se queredes podedes ver o video resumo preme aquí:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdetebra/?q=node/1863
Non queríamos marchar de vacacións sen ensinarvos antes un dos produtos finais do PDI do cole: "Igualdade de xénero a través de contos populares".
As rapazas e rapaces de 4º e 3º de primaria quixeron darlle á volta o conto "A bela durminte", onde a vocación da princesa, máis que casar e ser a raíña do reino, é ser astronauta.
Un novo curso escolar remata e comezan as esperadas vacacións. Pero... que hai mellor que ler un libro en verán?
Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras. Esperamos que vos gusten e as desfrutedes moito!
Unha aperta, LEO!
Boas a todas e todos compañeiros e compañeiras!
Estas últimas semanas estivemos coa celebración do día do libro, pola cal leváronse a cabo diversas actividades con todo o alumnado do cole.
En primeiro lugar, viu a nosa biblioteca a incríble Sabela Gago cun contacontos. Ademais tivemos a sorte de que nos firmara no noso libro máxico da biblioteca.
En segundo lugar, todo o cole tivo asistiu a un obradoiro de chapas na biblioteca aproveitando a máquina de chapas facilitada polo programa Polos Creativos no que participamos. As cativas e os cativos fixeron o deseño y interviron no proceso na fabricación da súa propia chapa.
En terceiro lugar, na hora de ler levouse a cabo un apadrinamento lector desde educación infantil a sexto de primaria un pouco diferente: cada alumna e alumno tiña unha peza que formaba parte dunha portada dun libro. Tiñan que buscar o seu equipo e montar un puzzle cas portadas de diversos contos en galego e logo, lelo entre todos. Desfrutamos moito todos xuntos lendo ó aire libre.
Ademais, elaborouse un poster onde puxemos os nosos libros favoritos, historias fantásticas que non nos cansamos de ler, é dicir, libros de post.
Por último, viu o cole a escritora Alicia Borrás, autora da obra "Nata e chocolate" que están lendo as rapazas e rapaces de 5º e 6º no seu clube de lectura.
Isto é todo por agora! Estade pendentes das novidades! Un saúdo, Leo.
Boas a todas e todos!
Esta semana estamos levando a cabo a exposición da prensa, folletos, revistas, mapas, libros e agasallos que nos van chegando dos diferentes países ós que lle escibimos unha carta.
Foi mandada por correspondiencia ordiaria e o obxectivo é aprender cómo é a prensa e a cultura de distintos lugares como: Malta, Uruguay, Suiza ou mesmo Filipinas.
Aquí podedes ver unha pequeniña mostra da nosa exposición.
Esperamos que vos guste a nosa proposta!
Un saúdo e deica logo. Leo
Boas a todas e todos!
Onte celebramos no colexio o Día Internacional da muller e para facelo que mellor que investigar sobre mulleres galegas que nos inspiran.
En educación infantil recadaron información sobre Sandra González, a nosa alcaldesa de Tomiño.
En 1º e 2º de educación primaria sobre a doutora e triatleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio.
En 3º centrámonos na escritora e avogada Ledicia Costas.
En 4º na artista Maruja Mallo.
En 5º investigaron sobre Luz Casal.
En 6º sobre a atleta e medallista olímpica Ana Peleteiro.
A exposición podedes vela polos muros do colexio. Esperamos que vos gustase.
Unha aperta e ata outra! Leo.
Boas compañeiras e compañeiros!
Esta semana celébrase a Semana da prensa e no CEIP Plurilingüe de Tebra xa levamos un tempo preparándoa.
O primeiro que fixemos foi escoller os países dos que queríamos recibir revistas, prensa, publicidade e información.
Despois, cada curso do cole escribiu unha carta ás embaixadas dos países escollidos como por exemplo: Vietnam, Arxentina, Francia, Portugal e mesmo Australia!
Posteriormente, traballamos as partes dunha carta ordinaria e escribírona as rapazas e rapaces do seu puño e letra.
Con moita espectación agardamos as respostas e xa temos os frutos!
Aquí unha recopilación das respostas que nos foron chegando o centro (Suiza, EEUU, Malta, Francia e México) e agardamos moitas máis.
Por último, cando teñamos toda a correspondencia, faremos unha exposición na biblioteca do colexio para que toda a comunidade educativa a poida desfrutar.
Estade atentas e atentos as novas.
Unha aperta, Leo.
Boas a todas e todos!
Abrimos unha nova sección no blogue do noso cole:
Biblio - recomendacións do alumnado!
Esta semana as rapazas e rapaces de terceiro recoméndannos o libro "Retratos animales" de Yago Partal onde atopamos curiosidades de especies como o wombat, o koala ou mesmo a curuxa.
Para ver o vídeo, clicade na imaxe!
Esperamos que vos gustase.
Unha aperta moi grande e deica logo, estade atentas e atentos as nosas novidades!