venres, 5 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO 2023

Boas a todas e todos compañeiros e compañeiras!


Estas últimas semanas estivemos coa celebración do día do libro, pola cal leváronse a cabo diversas actividades con todo o alumnado do cole.


En primeiro lugar, viu a nosa biblioteca a incríble Sabela Gago cun contacontos. Ademais tivemos a sorte de que nos firmara no noso libro máxico da biblioteca. 


 



En segundo lugar, todo o cole tivo asistiu a un obradoiro de chapas na biblioteca aproveitando a máquina de chapas facilitada polo programa Polos Creativos no que participamos. As cativas e os cativos fixeron o deseño y interviron no proceso na fabricación da súa propia chapa.




En terceiro lugar, na hora de ler levouse a cabo un apadrinamento lector desde educación infantil a sexto de primaria un pouco diferente: cada alumna e alumno tiña unha peza que formaba parte dunha portada dun libro. Tiñan que buscar o seu equipo e montar un puzzle cas portadas de diversos contos en galego e logo, lelo entre todos. Desfrutamos moito todos xuntos lendo ó aire libre.




Ademais, elaborouse un poster onde puxemos os nosos libros favoritos, historias fantásticas que non nos cansamos de ler, é dicir, libros de post


 

Por último, viu o cole a escritora Alicia Borrás, autora da obra "Nata e chocolate" que están lendo as rapazas e rapaces de 5º e 6º no seu clube de lectura.




Isto é todo por agora! Estade pendentes das novidades! Un saúdo, Leo.