Ao longo desta semana,levaremos a cabo diferentes actividades para celebrar o DIA DO LIBRO
MARTES 22: DECÁLOGO LECTOR
Adicouse a sesión de lectura para facer un marcapáxinas no que cada neno/a escribiu unha frase rimada ou ben un pareado sobre o pracer da lectura.Posteriormente, decoraron o seu marcapáxinas libremente.
O equipo de biblioteca elexirá as 10 mellores frases e pasarán a formar parte dun decálogo do lector que colgaremos na parede da Biblio
Estade atentos! Nuns días publicaremos no blog as 10 mellores frases dos vosos marcapáxinas!
MÉRCORES 23: DIA DO LIBRO. CONTACONTOS
Tivemos a sorte de contar con Manolo Solla, un fantástico contacontos que deleitou a todos os nenos coas seus contos.
Foi moi divertido!
XOVES 24 e VENRES 25: APADRIÑAMENTO LECTOR
Os nenos/as de 4º, 5º e 6º exercerán de padriños lectores dos máis pequenos da escola: EI, 1º, 2º e 3º durante as sesións de lectura do xoves, 24 e do venres 25.
Os cativos de 4 e 5 anos serán apadriñados polos seus compañeiros de 4º de EP
Os pequeniños de 3 anos polos nenos e nenas de 5º de EP
E os alumnos de 1º, 2º e 3º serán apadriñados polos seus compañeiros de 6º de EP
Está sendo unha experiencia inolvidable para todos eles!