domingo, 22 de decembro de 2019

FELICES FESTAS

O equipo de dinamización de biblioteca do CEIP Plurilingüe de Tebra deséxanvos bo nadal e boas festas


xoves, 12 de decembro de 2019

Recende a Nadal

Como ben sabedes, o día 20 daremos as vacacións de Nadal. Seguro que moitos e moitas de vos estades desexando ese momento para poder descansar e aproveitar a durmir sen ter que madrugar. 
As vacacións de Nadal é unha época perfecta para relaxarse, descansar destes meses de traballo, pasar tempo coa familia... e por qué non tamén de ler un libro e emprender unha viaxe fantástica? Non hai mellor plan para un día de choiva que deitarse no sofá ao carón do lume e mergullarse nun mundo descoñecido. 
Antes de que chegue o 20 de decembro, achégate á biblio e revisa aqueles libros dos que poder gozar. Ao mellor sorpréndeste e incluso acabas pedindo a colección enteira aos Reis Magos! 


sábado, 16 de novembro de 2019

Bule!

Que inda non pasástedes pola biblio?!!!
Seguro que inda sodes moitas as persoas que non conseguístedes facer algo de tempo libre para vir visitarnos e... non sabedes o que vos estades perdendo!!!
Cada día, nos recreos do cole, podes contar coa axuda dun/dunha profe e de dúas/ dous fantásticos/as axudantes que estarán dispostos/as a axudarche no que precises. E, se dubidas en que  obra escoller, poderán guiarche, segundo os teus gustos, nun fantástico libro que che levará a mergullarte nunha aventura e que che farán sentir como unha personaxe de película.
Para que vais abrindo boca, deixámosche por aquí algúns dos títulos que entraron esta semana.
 Bule se queres ser o/a primeiro/a en lelos!


sábado, 26 de outubro de 2019

COMEZAMOS!!!

Despois de uns meses de descanso e recuperación... XA ESTAMOS AQUÍ!! 

Como ben sabedes, o 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS. Recordamos, para os/as máis despistados/as, que este día foi establecido pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, no ano 1997, como conmemoración ao recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico. 

Porén, no CEIP Plurilingüe de Tebra escollemos este día para a apertura da nosa biblioTEbra de centro. Para elo, fixemos un acto de celebración onde a profe coordinadora nos explicou un pouco máis sobre o porqué deste día para a benvida da biblioteca ao curso escolar, así como tamén se nos fixo entrega das Mochilas viaxeiras, presentóusenos ao persoal axudante da biblio e fixemos o apadriñamento lector. 



Para finalizar este bonito día, cada parella de padriños/madriñas leulle un conto ao seu/súa afillado/a. 

Foi un día moi emotivo e emocionante para nos. Se queredes ver o ben que o pasamos, premede no enlace que aparece a continuación e poderedes ver un vídeo con todas as imaxes. 

👇👇👇👇





venres, 5 de xullo de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


Esperamos que estedes desfrutando xa da lectura no voso tempo libre! Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras que leváchedes no tríptico para estas vacacións.

FELIZ VERÁN LECTORES DE BIBLIOTEBRA!!!

PERCORRIDO FINAL POLOS PAÍSES DO PDI


Fixemos a inauguración das exposicións na Biblioteca e algúns grupos explicaron os seus proxectos con presentacións e vídeos.


Logo fomos percorrendo os distintos recunchos do colexio e escoitamos as presentacións dos demais grupos.




E ata houbo tempo de xogar!!!


Para ver tódalas fotos pincha aquí.

martes, 18 de xuño de 2019

CONTACONTOS CON 5°

Os nenos de 5° de Educación Primaria prepararon novos contos en Inglés como nos teñen acostumados, pero esta vez, un para o alumnado de Educación Infantil e outro para 3°de Educación Primaria.

Aos máis pequenos contáronlles Where's Spot? coa axuda de monicreques mentres que ós maiores lles teatralizaron Cat and Mouse go to London. 



Se vos gustou ou estades intrigados, podedes atopalos no recuncho de Inglés da Biblioteca,  eso sí, dádevos presa que xa só quedan 3 días de apertura! 

OBRADOIRO 5° & 6°

Os nenos de sexto de Educación Primaria estiveron traballando este trimestre nun obradoiro sobre as emocións e recentemente expuxeron o seu traballo.



martes, 11 de xuño de 2019

EXPOSICIÓN DO PDI

Todas as clases están dando os seus últimos retoques ao proxecto que desenvolveron ó longo do curso, cada un do seu país: Educación Infantil con Australia e Italia, 1º e 2º con India, 3º e 4º con Exipto, 5º e 6º con Brasil e dende a materia de Inglés Estados Unidos con todo o alumnado.

Decoramos as nosas aulas...


Buscamos información...


Deixamos voar a nosa imaxinación....



O próximo 19 de xuño poderemos ver o resultado na Biblioteca e nas diferentes aulas do cole. Dende alí viaxaremos polos diferentes países da man dos anfitrións de cada grupo. 


Preparade o voso pasaporte!


Aquí vos deixamos un adianto do que vos atoparedes...










mércores, 5 de xuño de 2019

CONTINUAMOS RENOVANDO OS FONDOS

Achegádevos á Biblioteca para descubrir os novos fondos na zona de consulta, Música

e na zona de Inglés. Esta é só unha mostra de tódolos libros novos que chegaron a Bibliotebra este mes. A desfrutalos!





martes, 4 de xuño de 2019

CONTACONTOS EN INGLÉS DE 5°

A pasada semana os nenos de 5° de Educación Primaria realizaron dous contacontos en Inglés para o alumnado de 1° e 2° na Biblioteca. Os libros que escolleron tratan dúas temáticas moi interesantes como son o bullying e os problemas para durmir.

Se queredes lelos, podedes atopalos na sección de Inglés da Biblioteca.



Ata se atreveron a acompañar os contos dunha pequena dramatización.

Estamos desexando ver o próximo!


luns, 20 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS EN BIBLIOTEBRA


O pasado xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun teatro de monicreques representado por 1º e 2º de Educación Primaria O casamento da pulga e da mosca. 
Tamén houbo unha presentación do autor, un rap, a lectura dun conto de Antonio Fraguas e, como non, a interpretación do himno galego con instrumentos.
Para ver todas as fotos e vídeos pincha aquí.



mércores, 15 de maio de 2019

ENCONTRO CON RICK SAMPEDRO

O próximo luns 20 de maio virá a visitarnos o autor do libro Lola in the land of fire, que leron os nenos de 5º e 6º de Educación Primaria en Inglés. Temos moitas ganas de coñecelo e compartir con el as nosas impresións.

Non olvidedes os vosos libros para que volos firme!

CONTINUARÁ...


                                                ****************************


Por fin chegou o día e o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria tivo unha visita moi especial. O autor do libro que lemos o pasado trimestre Lola in the Land of Fire estivo hoxe en Bibliotebra respondendo a tódalas preguntas e curiosidades do alumnado, asinando os seus libros e compartindo as súas vivenzas e experiencias polo mundo. Divertímonos moitísimo! 

Grazas de novo Rick!




martes, 30 de abril de 2019

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias! 

Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes os mellores espectadores do mundo enteiro!


Narrativa, La Historia, Sueño, Decir

Narrativa La Historia. Comfreak. Pixabay. CC0.

FIN DA SEMANA DO LIBRO

Por fin un día de sol que aproveitamos para realizar as actividades pospostas da semana anterior!

Onte fixemos a búsqueda de libros que Leo agochara no patio do colexio...


Cada neno atopou un libro do seu nivel lector e levouno de agasallo para casa. Son uns auténticos aventureiros porque algúns libros estaban moi ben agochados!



Pero antes de marchar aínda tivemos tempo de repetir a Bibliopatio, esta vez non nos corredores senón no patio, desfrutando do sol e da natureza. 



Queres ver tódalas fotos da Semana do Libro?

REUTILIZANDO LIBROS...

Ó longo da semana pasada cada grupo estivo realizando ás súas propias guirnaldas con libros vellos expurgados para logo colgalas na Biblioteca e na entrada do cole e decorar entre todos.

E este é o resultado! Invitámosvos a velo en persoa!




BIBLIOPATIO

O venres adicamos o tempo de lectura á Bibliopatio, pero por mor da chuvia tivemos que facelo nos corredores. Aínda así divertímonos moito!





Queres ver tódalas fotos da Semana do Libro?

venres, 26 de abril de 2019

APRAZAMENTO DE CAZA DE LIBROS

Debido á imposibilidade de realizar actividades ó aire libre esta semana, aprazamos a Caza de libros para a vindeira semana, se o tempo acompaña.

Sentímolo.



xoves, 25 de abril de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe os nenos maiores do cole volveron demostrar as súas dotes como contacontos apadriñando ós máis pequenos.



Encántanos ver cómo desfrutan das súas historias e o vínculo que se crea entre eles.



Queres ver tódalas fotos da Semana do Libro?

CONTACONTOS

Onte visitáronnos dous contacontos super especiais, un para Infantil e outro para Primaria. 





Queremos darlle ás grazas a estas dúas mamás que se animaron a participar na Semana do Libro. Desexamos que sigan colaborando con nós e que se animen moitas familias máis!

CADERNOS VIAXEIROS

Este martes 23 de abril, fixemos a entrega dos cadernos viaxeiros realizados por cada grupo. Desexamos que estedes desfrutando da súa lectura coas vosas familias.




Ademais, como cada ano, entregamos o premio ó caderno gañador. Esta vez tocoulles.... ós Dinos! (3-4 anos).

NORABOA!!!


luns, 22 de abril de 2019

AXENDA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE VIGO NA SEMANA DO LIBRO

Se queres coñecer as activades que a Biblioteca Juan Compañel de Vigo ofrece na Semana do libro pincha na seguinte imaxe.

Anímate!




SEMANA DO LIBRO

Esta semana celebramos a Semana do libro cun sinfín de actividades en Bibliotebra: entrega dos cadernos viaxeiros, bibliopatio, apadriñamento lector, contacontos, obradoiros de decoración con libros expurgados, caza de libros e moito máis!

Estades preparados? Comezamos!



mércores, 10 de abril de 2019

OBRADOIRO DE LECTURA EN INGLÉS

Este trimestre os nenos de 5º e 6º de Educación Primaria están a participar nun obradoiro de lectura en Inglés xunto coa mestra de Inglés e a auxiliar de conversa. O libro que estamos a ler titúlase Lola in the Land of Fire, de Rick Sampedro. 

Se queredes saber de que trata pinchade na seguinte imaxe. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 http://www.helblingyoungreaders.com/?pagename=product&product=385272957





martes, 2 de abril de 2019

AS CARTAS DE LEO


Este ano,a nosa mascota Leo, encárgase de ir polas aulas deixando unha carta coa información relevante que cada aula ten que traballar sobre o proxecto que estamos a desenvolver no centro:
Os países do mundo.



E


FAMILIAS LECTORAS



Bos días a todos! 

Precisamos familias que se animen a participar na semana do libro cun conto, lenda, experiencia persoal ou calquera outra idea que teñades. En Bibliotebra estamos abertos a novas suxerencias! Pregámosvos que vos poñades en contacto o antes posible. Grazasssss
Narrativa, La Historia, Sueño, Decir

Narrativa La Historia. Comfreak. Pixabay. CC0.

martes, 12 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA


Estes días estamos a celebrar a SEMANA DA PRENSA, polo que realizamos unha exposición dos materiais que recolectamos de cada país que estamos traballando para o PDI deste curso.

Aquí vos deixamos unha mostra do recuncho de Estados Unidos. Enjoy it!


STORYTELLING

Como todas as semanas, a nosa auxiliar de conversa fai un contacontos para os nenos de Educación Infantil. Unhas veces nas aulas de Infantil e outras, como esta, na nosa biblioteca.

Esta vez contounos The eyes game, un conto de Hervé Tullet.

Logo, realizamos a nosa propia interpretación do conto. Esperamos que vos guste!