Como ben sabedes, o día 20 daremos as vacacións de Nadal. Seguro que moitos e moitas de vos estades desexando ese momento para poder descansar e aproveitar a durmir sen ter que madrugar.
As vacacións de Nadal é unha época perfecta para relaxarse, descansar destes meses de traballo, pasar tempo coa familia... e por qué non tamén de ler un libro e emprender unha viaxe fantástica? Non hai mellor plan para un día de choiva que deitarse no sofá ao carón do lume e mergullarse nun mundo descoñecido.
Antes de que chegue o 20 de decembro, achégate á biblio e revisa aqueles libros dos que poder gozar. Ao mellor sorpréndeste e incluso acabas pedindo a colección enteira aos Reis Magos!