xoves, 30 de xaneiro de 2020

AVISO IMPORTANTE

Por mor das condicións climatolóxicas dadas esta semana e, dado que a biblioteca do centro estivo pechada en horario de recreo por non poder sair ao patio, AMPLÍASE o prazo para concursar neste RETO 1 ata o vindeiro VENRES 7 DE FEBREIRO.
Ánimo!!! Participar nestes concursos, inda que non dan fama, tamén resulta divertido!!! ☺☺




venres, 24 de xaneiro de 2020

RETO 1

De seguro que a todas e a todos vos gusta comer e saborear os caramelos con pau aos que de forma cotiá lle asignamos o nome de "Chupa Chus" pola  famosa marca comercial pero, ao contrario do que moitos e moitas pensades, esa empresa non foi a creadora.

Polo tanto.. a  adiviña que vos propoñemos é a seguinte:


  1. QUÉN INVENTOU O CARAMELO CON PAU? 
  2. POR QUÉ O INVENTOU? 

Lembra deixar a túa resposta no BUZÓN ENIGMÁTICO que se atopa situado na porta de entrada, no recuncho destinado  á biblioteca do centro antes do venres 31 ou perderás o teu dereito a xogar. 

A que esperas para ir á biblioteca e pescudar?! 


mércores, 22 de xaneiro de 2020

Moi boas! Hoxe traémosvos unha nova que seguro vos encantará 😉 
Dende o equipo de biblioteca sabemos o tanto que vos gusta participar en concursos por eso vos traemos un super concurso sobre INVENTOS E EXPERIMENTOS para que poidades demostrar a vosa sabedoría e os vosos coñecementos. Sona divertido, non? 
A partir deste venres, de xeito quincenal, colgarase unha adiviña neste blogue sobre un invento ou experimento, á que teredes que dar resposta no prazo dunha semana. 
Cales son as BASES do concurso? Pois moi sinxelo, prestade atención 👇👇👇  

  1.  Os venres ás 14:00 horas, de forma QUINCENAL, colgarase neste blogue unha pregunta / adiviña sobre un experimento ou invento. Para coñecela, debedes visitalo e estar atentos/as a esta páxina de forma cotiá. 
  2. As respostas das preguntas deberán ser contestadas nun papel tamaño cuartiña, con letra LEXIBLE (ollo coa presentación, deixamosvos aquí unha mostra de como debe ser a folla), sen faltas de ortografía e boa presentación (evitade os tachóns, as rupturas, os papeis engurrados...) 

  3. As vosas respostas  serán depositadas antes do seguinte venres (1 semana de prazo para contestar) no BUZÓN ENIGMÁTICO  que estará pendurado na porta de entrada, no recuncho de Biblioteca. 
  4. Debedes atopar as respostas nos libros e documentos que hai na biblioteca do centro. 
  5. O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria poderán recibir axuda das súas familias resolvendo a tarefa na casa. 
  6. A partir de 3ºEP xa debedes facelo de forma autónoma (sen axuda), pois xa sabedes como se procura información nos libros e outros documentos. 
Por certo... tende coidado coas TRAMPAS!!! 
Recordade que a xente que fai trampas nos concursos é eliminada. Aquí non se trata de gañar ou perder, por iso sería interesante que vos involucrásedes e o tomásedes como un xogo de investigación. 
Quen sabe, ao mellor as sorpresas inda poden continuar.... 

Vémonos o venres co PRIMEIRO reto! 



luns, 13 de xaneiro de 2020

Benvido 2020!

Moi boas rapaces e rapazas, xa estamos aquí!
Como foi a volta ao colexio neste novo ano 2020? Seguro que tendes moitas cousas novas para contarnos e entre elas, moitas aventuras gozadas cos libros que vos agasallaron no Nadal, a que si?
Na BiblioTebra estamosvos agardando para poder coñecelas e tamén para ensinarvos novos títulos cos que poder deleitarvos.
A QUE ESTADES ESPERANDO?
Este 2020 ven cargado de moitas SORPRESAS!!!
Agardámosvos nos recreos e todos os mércores en horario de 16:00 a 18:00 horas.