Moi boas! Hoxe traémosvos unha nova que seguro vos encantará 😉
Dende o equipo de biblioteca sabemos o tanto que vos gusta participar en concursos por eso vos traemos un super concurso sobre INVENTOS E EXPERIMENTOS para que poidades demostrar a vosa sabedoría e os vosos coñecementos. Sona divertido, non?
A partir deste venres, de xeito quincenal, colgarase unha adiviña neste blogue sobre un invento ou experimento, á que teredes que dar resposta no prazo dunha semana.
Cales son as BASES do concurso? Pois moi sinxelo, prestade atención 👇👇👇
- Os venres ás 14:00 horas, de forma QUINCENAL, colgarase neste blogue unha pregunta / adiviña sobre un experimento ou invento. Para coñecela, debedes visitalo e estar atentos/as a esta páxina de forma cotiá.
- As respostas das preguntas deberán ser contestadas nun papel tamaño cuartiña, con letra LEXIBLE (ollo coa presentación, deixamosvos aquí unha mostra de como debe ser a folla), sen faltas de ortografía e boa presentación (evitade os tachóns, as rupturas, os papeis engurrados...)
- As vosas respostas serán depositadas antes do seguinte venres (1 semana de prazo para contestar) no BUZÓN ENIGMÁTICO que estará pendurado na porta de entrada, no recuncho de Biblioteca.
- Debedes atopar as respostas nos libros e documentos que hai na biblioteca do centro.
- O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria poderán recibir axuda das súas familias resolvendo a tarefa na casa.
- A partir de 3ºEP xa debedes facelo de forma autónoma (sen axuda), pois xa sabedes como se procura información nos libros e outros documentos.
Por certo... tende coidado coas TRAMPAS!!!
Recordade que a xente que fai trampas nos concursos é eliminada. Aquí non se trata de gañar ou perder, por iso sería interesante que vos involucrásedes e o tomásedes como un xogo de investigación.
Quen sabe, ao mellor as sorpresas inda poden continuar....
Vémonos o venres co PRIMEIRO reto!