xoves, 2 de abril de 2020

Seguimos proporcionando recursos neste DIA INTERNACIONAL

Boas!
Cada día son máis as plataformas que poñen á nosa disposición os seus recursos de forma gratuíta para que esta época de confinamento e malestar social sexa máis levadeiro. Debemos pensar en positivo, ter paciencia e darnos conta que se nos unimos e seguimos as normas que nos impoñen moi pronto saliremos desta pero tamén debemos pararnos a pensar e recapacitar de que estes días non son de vacacións nin se nos deu un descanso para que tomásemos aire e collésemos forza. Estamos na casa para evitar que se propague a pandemia pero o traballo e o curso debe continuar, pois só así podemos alcanzar os nosos obxectivos. 

Hoxe, no DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL queremos deixarvos enlaces para que poidades celebrar este día como se merece, LENDO. Porque lendo serve para moitas cousas: aprender, entreter, xogar, construír, elaborar, gozar, viaxar... Na lectura están as mellores viaxes, cada persoa interpreta a información e o contido da súa maneira, non hai regras e iso... iso é algo que na vida pasa poucas veces. 

(foto de cultura.gal)

Aquí, deixámosvos uns enlaces para que poidades agasallarvos coas mellores historias. 
 ➤ Afundación en casa pon a disposición do seu público o seu libros para nenos e nenas "Pepa e Rufo na cociña" combinando así lectura e nutrición , actividades vinculadas coa alimentación e receitas de cociña saborosas e saudables elaboradas co asesoramento de figuras tan importantes como Marcelo Tejedor (de Casa Marcelo), Javir Olleros (de Culler de Pau) ou Marta Álvarez (de Granxa Maruxa). 
➤ A través dunha selección de corenta obras destacadas da colección, o Museo do Prado publica un episodio de "Píntame un mito" unha sección do programa de RNE. 
➤ A editorial SM proponnos celebralo con encontros en directo dos seus autores a través da súa conta na aplicación de Instagram SM Instagram O encontro comezará ás 18:30 co autor Roberto Santiago e ás 20:30 coa autora beatriz Giménez de Ory. 
➤ O Teatro Liceu ofértanos a súa producción de "L'italiana in Algeri" coa que conmemoraba os 150 anos da morte do compositor italiano Gioachino Rossini. EFE
➤ O periódico ABC adxúntanos unha serie de propostas que van dende un curso para que as familias aprendan a contarlle os contos aos seus cativos/as, pasando por recomendacións dende librerías, encontros con autores e autoras... etc ABC

Ademais, non queremos esquecernos de que hoxe, día 2 de abril, tamén se conmemora o DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO que pon en releve a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade. 


A miúdo, para comunicarse, utilizan PICTOS, unha serie de imáxenes que lle permiten unha mellora na súa comunicación. 
Deixámosvos un enlace dun conto para que poidades coñecer como sería ler a través de pictogramas e reflexionedes da importancia que ten unha linguaxe inclusiva.