venres, 30 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O luns 26 de outubro, día no que celebramos o día das Bibliotecas Escolares, BIBLIOTEBRA abriu as súas portas para que poidamos seguir gozando coa lectura. 

O día estivo cheo de sorpresas... e tampouco faltou o apadriñamento lector que tanto nos gusta. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º gravou uns contos escollidos con moito cariño para os seus afillados de E. Infantil, 1º e 2º. Se queres velos podes picar na imaxe!

Tamén empezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras dos distintos cursos e, por fin, podedes desfrutar dos cadernos viaxeiros que con tanto esforzo elaborastes o curso pasado. 

                                  

Por certo, non nos esquecemos de premiar o mellor caderno viaxeiro, así que, PARABÉNS ao alumnado de E. Infantil e 1º de E. Primaria polo tan merecido premio, esperemos que vos guste! 

Non te esquezas de ver as fotos e os vídeos dos contos, están xenial!

PICA AQUÍ PARA VER OS VÍDEOS!

sábado, 24 de outubro de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!

Un curso máis, a Biblio abre as súas portas.

A súa apertura coincide coa conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares, que se celebra o 24 de outubro.


O lema deste ano `Bibliotecas, sempre ao teu carón´ céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.Emociónate: un proyecto sobre sentimientos y emociones 1º ESO Curso  2011/2012 | trabajos interdisciplinares del I.E.S. Benjamín Jarnés

E este ano, a pesar da complexa situación que estamos a vivir, non ía ser menos. Xa está todo preparado para que poidamos facer uso dela cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento social que todos coñecemos.

Leo xa está preparado para acompañarnos durante todo o curso e vivir con nós moitas e moi divertidas aventuras. Este ano imos aprender moito de emocións coa nosa mascota, así que escolle un libro, ponte cómod@ e EMOCIÓNATE moito!



Esperámosvos o luns para celebrar o día das Bibliotecas Escolares!