DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
O 20 de novembro é un día importante porque se celebra o Día Universal do Neno. Ademais, conmemóranse os aniversarios da aprobación da Conmemoración dos Dereitos do Neno (1989) e da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959).
Non vos perdades as ilustracións que realizou Quino (o creador de Mafalda) en 1977. Foi un traballo que lle pediu Unicef e nelas Mafalda reivindica os dereitos dos nenos. Aquí vos deixo unha das ilustracións, se pinchades na imaxe atoparedes máis.
Aquí tedes un pequeno conto sobre os Dereitos dos nenos e das nenas, esperamos que vos guste!FELIZ DÍA A TODOS E A TODAS!