Como xa sabedes, o 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Este ano tan diferente e duro para todos, debido á pandemia munidal da COVID-19, debemos ser especialmente conscientes de que as persoas con discapacidade vense afectadas de forma desproporcionada polas consecuencias da saúde, sociais e económicas.
Para acompañar o tema cunha bonita lectura, Leo convídavos a que vaiades á Biblio porque ten preparada unha exposición de libros moi especiais que non podedes deixar de ler.
Bule, Leo espéravos!
Ademais, poderedes ver as novas adquisicións da biblio. Entre os novos libros atoparedes moitos relacionados coas emocións. Aquí tedes unha pequena mostra.