martes, 20 de abril de 2021

XA ESTAMOS NA SEMANA DO LIBRO!

Leo está moi emocionado porque xa chegou a semana grande da nosa biblioteca xa que, como ben sabedes, o venres celebramos o DÍA DO LIBRO.

É por iso que esta semana será a SEMANA DO LIBRO no noso cole. As nenas e nenos están preparando moitas sorpresas que pronto poderedes ver neste blogue.

Estade atentas e atentos ao que vai acontecer moi pronto...

FONTE: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1507 


STOPMOTION: O MONSTRO DE CORES 

Seguimos celebrando a Semana do libro. Hoxe facémolo contándovos un conto de forma diferente. Esperamos que vos guste! 
PREMER NA IMAXE
 
Os rapaces e rapazas de 5º de EP fixeron unha animación con Stop Motion para contarvos o conto "O Monstro de Cores"

Traballaron a reo durante días e o resultado non nos pode gustar máis, quedoulles fenomenal!

Parabéns a todos e todas, sodes uns artistas! Seguide sorprendéndonos así!              

                      MANNEQUIN CHALLENGE

Na semana do libro creouse un Mannequin challenge con todo o cole e relacionado co conto do Monstro de cores, o resultado foi moi vistoso...BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!!!
 
ESTADES FEITOS UNS EXPERTOS MANEQUÍS!!!

 
PREME NA IMAXE PARA VER O MANNEQUIN CHALLENGE
  
TRABALLIÑOS
 
Neste vídeo podedes ver algúns dos traballos feitos nas aulas ao longo da semana do libro...PARABÉNS!!
 

CADERNO VIAXEIRO GAÑADOR
 

E XA TEMOS O NOME DA AULA QUE GAÑOU O SEU PREMIO POLO MELLOR CADERNO VIAXEIRO...PARABÉNS Á AULA DOS DINOS!!!OS VOSOS CADERNOS SON MOI BONITOS!!!GRAZAS AS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E ADICACIÓN...ESTE PREMIO TAMÉN É VOSO!!! 
 
 
PREMER NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS.