Ola a todos e todas
Hoxe queremos presentarvos a alguén moi especial...
"Cunchiña" é a mascota oficial do Xacobeo 21-22.
Temos que estar moi atentos/as porque vai ir dando avisos para traballar o PDI "O Camiño de Santiago" que eliximos este ano no cole.
Tamén nos indicará as conmemoracións que celebraremos ao longo do curso.
Non a perdades de vista...
Un saúdo a todos/as