Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro dun xeito moi especial: cun Concurso de Recitados de Poemas da autora.
Foi un acto moi bonito no que o alumnado, nalgún caso acompañado polas súas familias, puxo voz aos poemas da autora.
Os/as compañeiros/as dos participantes puideron seguir este acto en streaming dende as súas aulas. Ao remate, xuntámonos todos e todas no patio para agradecerlle a súa participación e démoslle a noraboa polo ben que o fixeron. Por último fixemos a entrega de premios.
Para continuar a xornada de celebración do nacemento da autora realizamos un xogo de pistas dixital que preparou o equipo de EDLG do centro e realizamos un mural con información sobre a vida da autora.
Unha vez máis, dende o equipo da Biblioteca, agradecemos a todos o participantes, especialmente ás familias e esperamos que este sexa a primeira de moitas xornadas coma esta!