luns, 14 de febreiro de 2022

TARTA DE AMÉNDOA CON MARCOS!

No CEIP Plurilingüe de Tebra seguimos a investigar sobre o Camiño de Santiago. 

Desta vez tivemos unha sorpresa moi doce: Marcos, pasteleiro do obrador O Camiño Novo de Tomiño acompañounos para descubrirnos os segredos dunha icona do Camiño de Santiago:  a torta de Santiago!




Pasamos con el unha mañá moi entretida e aprendemos que é preciso
 coidar moito todos os detalles: os ingredientes, as cantidades, o tempo de forno... se queremos obter unha torta deliciosa. 



No seguinte vídeo podedes ver un dos momentos máis especiais: a colocación da cruz de Santiago.



Tamén descubrimos que Marcos é un grande profesional e que dedicou parte da súa carreira a ensinar a outros pasteleiros, asistir a concursos...  



Estamos moi agradecidos de que aceptara o noso convite e de que colaborase deste xeito tan bonito ao desenvolvemento do PDI  desde curso: "O Camiño de Santiago".

Preme PREME AQUÍ para ver o vídeo resumo que fixo o equipo TIC!