luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



 "Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño". 

- Mahatma Ghandi - 


    No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

     No día de hoxe celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (Indicia, 1869 - 1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.



    Dende a biblioteca propúxose a investigación de Ghandi, así como de outras personaxes relevantes como Dalai Lama, Einstein ou John Lennon. 










    Rematamos o día todos xuntos no pabillón, dándolle relevancia a paz e sobre todo a saúde mental, celebrando unha sesión de ioga coa profe Esther. 





Deica outra! Leo.







martes, 24 de xaneiro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN


        Hoxe é un día importante! Celebramos o Día Internacial da Educación, este ano adicado as nenas e as mulleres afganas.


        No día de hoxe lembramos que a educación é un dereito humano, é clave para o desenvolvemento sostible e é un dos desafíos para conseguir a educación universal.





        Dende a biblio deixámosvos recomendacións para celebrar este día tan especial.


Educación infantil 




Primer ciclo de educación primaria


Segundo ciclo de educación primaria


Tercer ciclo de educación primaria



Ata outra rapazas e rapaces!