luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



 "Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño". 

- Mahatma Ghandi - 


    No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

     No día de hoxe celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (Indicia, 1869 - 1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.



    Dende a biblioteca propúxose a investigación de Ghandi, así como de outras personaxes relevantes como Dalai Lama, Einstein ou John Lennon. 










    Rematamos o día todos xuntos no pabillón, dándolle relevancia a paz e sobre todo a saúde mental, celebrando unha sesión de ioga coa profe Esther. 





Deica outra! Leo.