venres, 28 de novembro de 2025

25N

 DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA

Como este curso a temática do noso proxecto é a pintura, o alumnado do colexio estivo creando carteis e pinturas sobre este día e foron deixando os seus traballos no buzón do 25N. Cando abrimos o buzón atopamos moitas mensaxes reivindicando o fin da violencia que sufren tantas mulleres no mundo enteiro.

Neste acto do 25N as nenas e nenos de 6º de EP tamén leron un manifesto que tiñan preparado para a ocasión. Os traballos quedarán expostos no corredor ata o final do trimestre.

NUNCA MÁIS VIOLENCIA MACHISTA!