venres, 27 de febreiro de 2026

EN 4º DEBATIMOS SOBRE AS EMOCIÓNS

 Programa de RadioLeo do mes de xaneiro!

 

O alumnado de 4º de Primaria iniciase nos debates na radio...a ver que opinades vos!

 

Esperamos que desfrutedes do programa

Premede na imaxe para poder escoitalo 👋

 

     
 

A AVENTURA DE COMPARTIR A LECTURA

Queremos agradecer de corazón o voso tempo, a vosa disposición e o entusiasmo co que acompañastes aos vosos fillos e fillas nesta aventura. Sabemos que o día a día está cheo de responsabilidades, e aínda así atopastes momentos para ler en familia, preparar actividades e compartir experiencias.

A lectura non é só unha ferramenta fundamental para a aprendizaxe; é tamén un espazo de encontro, diálogo e emoción. Cando escola e familia camiñamos da man, as nenas e os nenos perciben que ler é importante, que as historias importan e que aprender pode ser unha experiencia compartida.

Grazas por cada conto lido, por cada páxina descuberta xuntos, por cada sorriso provocado por unha historia.

Seguimos lendo, seguimos soñando, seguimos medrando… xuntos e xuntas.






venres, 13 de febreiro de 2026

VISITA VIRTUAL AO MUSEO DE BIBLIOTEBRA

Se queres ver e gozar das obras de arte realizadas polo noso alumnado, aquí tes unha visita virtual polo museo da nosa biblio. 

Como verás é moi especial, xa que está cheo de creatividade, ilusión e sentimento. Por iso queremos agradecer a todo o noso alumnado o seu esforzo e a súa imaxinación, que fixeron posible cada unha destas obras. Sodes uns artistazas!!! 

Grazas tamén ás familias polo seu apoio e colaboración. 

Grazas a todos e todas por formar parte e participar neste proxecto tan bonito.