Queremos agradecer de corazón o voso tempo, a vosa disposición e o entusiasmo co que acompañastes aos vosos fillos e fillas nesta aventura. Sabemos que o día a día está cheo de responsabilidades, e aínda así atopastes momentos para ler en familia, preparar actividades e compartir experiencias.
A lectura non é só unha ferramenta fundamental para a aprendizaxe; é tamén un espazo de encontro, diálogo e emoción. Cando escola e familia camiñamos da man, as nenas e os nenos perciben que ler é importante, que as historias importan e que aprender pode ser unha experiencia compartida.
Grazas por cada conto lido, por cada páxina descuberta xuntos, por cada sorriso provocado por unha historia.
Seguimos lendo, seguimos soñando, seguimos medrando… xuntos e xuntas.