Neste vídeo queremos compartir con vós un pequeno resumo de todas as actividades que fixemos no centro para conmemorar o Día do Libro.
Foi unha semana chea de libros, contos, imaxinación, creatividade e momentos compartidos entre alumnado, profesorado e familias. Durante estes días desfrutamos de contacontos, marcapáxinas, libros, lecturas compartidas, recomendacións literarias e apadriñamentos lectores para acercarnos máis ao máxico mundo dos libros.
Porque ler nos axuda a soñar, aprender, viaxar e medrar!
Grazas a toda a comunidade educativa por participar con tanta ilusión e facer desta celebración unha experiencia tan especial.