martes, 15 de xuño de 2021

OBRA DE TEATRO

As rapazas e os rapaces de queren compartir con vós unha obra de teatro que levan moito tempo preparando con moito agarimo para que todos e todas vós poidades desfrutar.

Aínda que lles gustaría poder tervos como público, saben que este ano é diferente e buscaron a maneira de facervos chegar a obra neste bonito vídeo. 

Esperamos que vos guste moito!

Premede na imaxe para vela.

luns, 31 de maio de 2021

ENQUISA ALUMNADO E PROFESORADO

Leo quere coñecer a vosa opinión sobre o funcionamento da biblioteca para poder mellorala e que vos guste aínda máis.

Lede as preguntas da enquisa (hai unha para as profes e outra para o alumnado) e respondede marcando a opción máis adecuada.

Moitas grazas a todos e a todas pola vosa participación!


sábado, 29 de maio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente pediulle a Jordan Sánchez que fixera un poema para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente 2021.

O resultado é un poema titulado "Recrea, reimaxina, restaura!". A súa intención é que os seus oíntes pasemos á acción, que deixemos de saquear e comenzar a protexer os recursos do planeta.

Debemos protexer e mellorar o medio ambiente, coidar da saúde do noso planetacoidar dos ecosistemas para garantir a saúde dos seus habitantes.

No seguinte enlace atoparás un conto que explica moi ben a importancia de todo isto. Preme na imaxe para poder velo.

mércores, 12 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro luns, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias.

Aquí tedes unha morea de recursos para coñecer a esta gran muller.



A seguinte actividade é para os rapaces e rapazas que coñecedes ben como atopar información na biblio. É unha actividade que transcorre na biblio "virtual" e na que teredes que poñer en prácticas os vosos coñecementos para chegar a tempo. Atréveste?
 

martes, 20 de abril de 2021

XA ESTAMOS NA SEMANA DO LIBRO!

Leo está moi emocionado porque xa chegou a semana grande da nosa biblioteca xa que, como ben sabedes, o venres celebramos o DÍA DO LIBRO.

É por iso que esta semana será a SEMANA DO LIBRO no noso cole. As nenas e nenos están preparando moitas sorpresas que pronto poderedes ver neste blogue.

Estade atentas e atentos ao que vai acontecer moi pronto...

FONTE: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1507 


STOPMOTION: O MONSTRO DE CORES 

Seguimos celebrando a Semana do libro. Hoxe facémolo contándovos un conto de forma diferente. Esperamos que vos guste! 
PREMER NA IMAXE
 
Os rapaces e rapazas de 5º de EP fixeron unha animación con Stop Motion para contarvos o conto "O Monstro de Cores"

Traballaron a reo durante días e o resultado non nos pode gustar máis, quedoulles fenomenal!

Parabéns a todos e todas, sodes uns artistas! Seguide sorprendéndonos así!              

                      MANNEQUIN CHALLENGE

Na semana do libro creouse un Mannequin challenge con todo o cole e relacionado co conto do Monstro de cores, o resultado foi moi vistoso...BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!!!
 
ESTADES FEITOS UNS EXPERTOS MANEQUÍS!!!

 
PREME NA IMAXE PARA VER O MANNEQUIN CHALLENGE
  
TRABALLIÑOS
 
Neste vídeo podedes ver algúns dos traballos feitos nas aulas ao longo da semana do libro...PARABÉNS!!
 

CADERNO VIAXEIRO GAÑADOR
 

E XA TEMOS O NOME DA AULA QUE GAÑOU O SEU PREMIO POLO MELLOR CADERNO VIAXEIRO...PARABÉNS Á AULA DOS DINOS!!!OS VOSOS CADERNOS SON MOI BONITOS!!!GRAZAS AS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E ADICACIÓN...ESTE PREMIO TAMÉN É VOSO!!! 
 
 
PREMER NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS.