O 23 de outubro celebramos na escola o día das
bibliotecas escolares. Como neste curso estamos a traballar o Cine como
proxecto documental integrado e, aproveitando que a biblio permanece pechada,
ocorréusenos crear unha estantería de libros nas escaleiras da entrada do cole.
Escollemos títulos que foron levados ao cine despois da súa publicación e
conseguimos unha decoración do máis orixinal. Non vos parece?
Despois de que cada grupo consensuase o seu título e
de traballalo na clase, elaboramos o “lombo” deixando voar a nosa creatividade.
O esforzo foi premiado cunha maleta viaxeira chea de material interesantísimo
para cada grupo, que comezou a súa viaxe nese preciso momento.
Se queredes ver máis fotos na web do cole premede aquí
|