Festexamos, como non podía ser de outra maneira, a
Semana do libro, que extendemos desde o día 23 ata o 27 de abril. Fixemos un
feixe de actividades, moitas delas ao aire libre, aproveitando a chegada do bo
tempo que tanto tardou en vir visitarnos!
CADERNOS
VIAXEIROS
23 ABRIL. As maletas viaxeiras remataron a súa viaxe polos
fogares dos nenos e nenas de Tebra, e delas naceron uns cadernos viaxeiros ben
bonitiños, elaborados por todos nós xunto coa axuda das nosas familias.
O equipo de biblioteca considerou que o caderno máis
orixinal, completo e traballado foi o do grupo de 1º de EP. Levaron un diploma,
uns agasallos para disfrutar en grupo e unha gran ovación do resto de
participantes.
LIBROS
LIBRES
23 ABRIL. Os nenos e nenas de 6º de EP estiveron informándose
do que eran os “libros libres” e decidiron gravar unha curtametraxe na que o
guión explicaba o seu funcionamento. Visualizámola xuntos e posteriormente
informóusenos que polas instalacións da nosa escola liberáranse moitos deles,
así que fomos na súa procura. A premisa máis importante era que unha vez
atopados e despois de ser lidos, tíñanse que liberar en calquer lugar para que
outras persoas os puidesen disfrutar. Foi unha experiencia moi divertida!
APADRIÑAMENTO
LECTOR
Un clásico nesta época é a tenra tarefa de apadriñar
a un pequeno o pequena para lle ler un conto. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e
6º foron os padriños e madriñas e cumpliron o seu cometido con moi boa nota.
Botade un vistazo!
|
BIBLIOPATIO
SABELA
GAGO
Para rematar a semana do libro, veunos visitar por
segundo ano consecutivo a contacontos Sabela Gago. Non nos cansaremos de
disfrutala porque é realmente fabulosa!
|