luns, 30 de marzo de 2020

Máis recursos!

Bo día,
Dende o equipo de BiblioTebra queremos informarvos que a plataforma de Amazon cancelou hoxe a suscripción para o pago de libros e / ou historias de audio para nenas, nenos e estudantes de todas as idades, podendo escoitar unha ampla colección de historias en 6 idiomas diferentes.
Todas as historias son de carácter gratuíto e serven tanto para ordenador, teléfono ou tableta.
O enlace para poder acceder a estes recursos é: amazon.
Como vedes, a meirande parte da sociedade está contribuíndo para acabar con esta pandemia, ofertándonos os seus recursos para que nos quedemos na casa e os danos sexan os menos posibles. Por iso, debemos aproveitalos e sacarlle o maior beneficio posible a este confinamento. Ánimo!

domingo, 29 de marzo de 2020

GaliciaLe

Moi boas! 
Por mor da situación que estamos vivindo, son moitas as plataformas que están ofertando, sen ánimo de lucro, recursos para que esta experiencia sexa máis sinxela de afrontar. 
A Xunta de Galicia tamén quere poñer o seu anaco de area, por iso pon  a disposición da sociedade a plataforma GaliciaLe. 
En ocasións normais, GaliciaLe oferta un catálogo de préstamos electrónicos que só estaría dispoñible para os / as usuarios das bibliotecas públicas pero, debido ó confinamento que estamos pasando, ÁBRESE agora a toda a poboación de xeito GRATUÍTO. Así, pódese descargar e / ou visionar obras en formato dixital de diversas temáticas e para diverso público en ata 8 idiomas. Ademais, tamén suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes , curtas ou documentais. 

Como acceder? 
Só é necesario completar o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Trás cubrilo, o / a usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder á plataforma. Cando remate o estado de alarma, os / as usuarios disporán dun periódo de 30 días para recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes desta plataforma. 
Deixámosvos aquí o enlace para que poidades botarlle un visual. Estamos seguras de que lle podedes sacar moito beneficio. 
Ánimo! Xa queda menos. Un último esforzo! Xuntos vámolo conseguir. 

👉👉 GaliciaLe 👈👈

(foto de Xunta de Galicia )

venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

"La vida, es como una obra e teatro que no permite ensayos; por eso, canta, ríe, baila, llora y vive intensamente cada momento de tu vida... antes que el telón baje, y la obra termine sin aplausos." (Charles Chaplin) 

Hoxe, 27 de marzo, conmemórase o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Este día vense celebrando dende o ano 1961 o declarou o Instituto Internacional de Teatro (ITI) e, un ano despois e na mesma data, Jena Cocteau pronunciou a primeira mensaxe conmemorativa. 
O obxectivo deste día é dar a coñecer o que reprensenta e a labor cultural que fai o teatro a nivel mundial. 
Dende a Deputación de Pontevedra, lanzan un vídeo onde  algunhas das actrices e actores galegas /os se pronuncian e dan a coñecer a súa opinión sobre o teatro. 

Podedes ver o vídeo no seguinte enlace 👉👉Día Mundial do Teatro 👈👈


Porque despois desta "función", o espectáculo, debe continuar 😉

sábado, 21 de marzo de 2020

LENDO PASA O TEMPO CORRENDO

A corentena está pasando lenta. 
Non estamos acostumadas / os a estar por estas datas na casa e, por riba, parece que canto máis nos aconsellan non saír das casas máis nos apetece.
Moitas das veces non sabemos que facer: as tarefas diarias da escola, recoller a casa, as series da televisión todas vistas.... 
Dende o equipo de BiblioTebra deixámosvos o enlace dunha páxina que, dende o 17 de marzo ata o 31 de marzo, nos dá a oportunidade de gozar de varios títulos telemáticos de forma gratuíta. 
Botádelle un vistazo, vades ver que ten moitas ofertas que vos poden interesar 😉

👉👉👉 ESCOLLE A TÚA LECTURA  👈👈👈

Así mesmo, tamén queremos aproveitar esta publicación para desexarvos un moi FELIZ DÍA DA POESÍA 


mércores, 18 de marzo de 2020

MATANDO O TEMPO

Moi boas! Como estades levando este tempo de illamento? 
Dende o Equipo de BiblioTebra sabemos o difícil que é pasar todo o día encerrados na casa / piso e por iso vos traemos unha idea para que poidades "matar" o tempo de aburrimento. 
Como seguro xa coñecedes, o Salón  (Pontevedra) realiza neste mes de marzo o XXI Salón internacional do libro infantil e xuvenil de Pontevedra onde se poderá gozar e coller ideas para a nosa lectura diaria. 
Por mor  illamento e do mal momento que estamos pasando, este salón danos a oportunidade de realizar esa visita virtualmente. 
Deixámosvos aquí o enlace para que lle botedes un vistazo. Seguro que recadades moitas ideas que vos permiten distraervos un chisco máis. 
 
👉👉 SALÓN DO LIBRO 👈👈


sábado, 14 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

Ante a situación que estamos vivindo e  o proceso de paralización na actividade lectiva co fin de intentar radicar a epidemia que nos invade, o equipo de BiblioTebra decidiu SUSPENDER o reto científico ata que voltemos á normalidade. 

Así mesmo, tamén queremos lembrarlle a toda a comunidade que isto non son vacacións. A sociedade está pasando por un mal momento e todas e todos debemos concienciarnos de que o futuro está nas nosas mans. 

Do mesmo xeito, queremos mandar unha mensaxe de calma e de ánimo, coa fin de manter a esperanza de que todas, todos e todo volte á normalidade o antes posible. 

Aproveitade para ler. Apréndese moito lendo. 

Voltamos pronto! 

domingo, 8 de marzo de 2020

Conmemoración Día Internacional Da Muller

A historia sobre a commemoración do 8 de marzo fai referencia ós feitos que aconteceron nesa data no ano 1908, donde morreron calcinadas 146 mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York, nun incendio provocado polas bombas que lle lanzaron ante a negativa de abandor o encerro no que protestaban polos baixos salarios e as infames conficións de traballo que padecían. 

Hoxe, gracias á loita diaria, dánse pequenos pasos de evolución mais, a realidade demóstranos que inda se precisa máis poderío para seguir pelexando. 

Dende o equipo de BiblioTebra queremos felicitar  a TODAS AS MULLERES pola gran labor que fan no seu día a día. 

Na biblio, podedes atopar un recuncho con libros onde as protagonistas son as mulleres e relatan unha realidade diferente á que estamos acostamos/as. 



venres, 6 de marzo de 2020

Reto Científico IV

Antes de nada, o equipo de BiblioTebra quere felicitar a todas esas persoas que están participando e se están convertendo en verdadeiros e verdadeiras científicos e científicas! Estamos moi contentas de contar con un alumnado tan maravilloso coma vos. 

O reto que vos propoñemos nesta quincena vai tratar sobre.... 


XIRINGAS!!!!

As preguntas que debedes contestar serán as seguintes: 

* QUEN INVENTOU A XIRINGA QUE SE PODE USAR CON UNHA SOA MAN? 

* CAL ERA O SEU PRINCIPAL OBXECTIVO CON ESTE INVENTO? 

Non esquezades deixar as vosas respostas (contestadas en formato cuartilla, de forma limpa e clara) no buzón enigmático antes do venres 20 de marzo.

E lembrade, o equipo de BiblioTebra, nunca defrauda! 💚😊




xoves, 5 de marzo de 2020

Solución Reto II

Pensábades que nos esquecéramos?
Velaquí vos deixamos as respostas ao Reto Científico II para que poidades comprobar se averiguáchedes ben ou precisades seguir afondando 😉

➥ COMO XURDIU A IDEA DO PINCEL?

Inda que non se sabe a ciencia certa, pénsase que o primeiro pincel xurdiu na época da prehistoria, como instrumento de creación e comunicación.

➥ DE QUE ESTABAN FEITOS OS PRIMEIROS PINCEIS?

Os primeiros pinceis estaban feitos dun anaco de madeira e pelo de animal nun dos seus extremos.


Era un reto moi sinxelo, a que si?

Lembrade que mañá venres 7 de marzo finaliza o prazo para participar no Reto Científico III asique bulide e todos e todas a investigar!!!!