Ante a situación que estamos vivindo e o proceso de paralización na actividade lectiva co fin de intentar radicar a epidemia que nos invade, o equipo de BiblioTebra decidiu SUSPENDER o reto científico ata que voltemos á normalidade.
Así mesmo, tamén queremos lembrarlle a toda a comunidade que isto non son vacacións. A sociedade está pasando por un mal momento e todas e todos debemos concienciarnos de que o futuro está nas nosas mans.
Do mesmo xeito, queremos mandar unha mensaxe de calma e de ánimo, coa fin de manter a esperanza de que todas, todos e todo volte á normalidade o antes posible.
Aproveitade para ler. Apréndese moito lendo.
Voltamos pronto!