domingo, 29 de marzo de 2020

GaliciaLe

Moi boas! 
Por mor da situación que estamos vivindo, son moitas as plataformas que están ofertando, sen ánimo de lucro, recursos para que esta experiencia sexa máis sinxela de afrontar. 
A Xunta de Galicia tamén quere poñer o seu anaco de area, por iso pon  a disposición da sociedade a plataforma GaliciaLe. 
En ocasións normais, GaliciaLe oferta un catálogo de préstamos electrónicos que só estaría dispoñible para os / as usuarios das bibliotecas públicas pero, debido ó confinamento que estamos pasando, ÁBRESE agora a toda a poboación de xeito GRATUÍTO. Así, pódese descargar e / ou visionar obras en formato dixital de diversas temáticas e para diverso público en ata 8 idiomas. Ademais, tamén suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes , curtas ou documentais. 

Como acceder? 
Só é necesario completar o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Trás cubrilo, o / a usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder á plataforma. Cando remate o estado de alarma, os / as usuarios disporán dun periódo de 30 días para recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes desta plataforma. 
Deixámosvos aquí o enlace para que poidades botarlle un visual. Estamos seguras de que lle podedes sacar moito beneficio. 
Ánimo! Xa queda menos. Un último esforzo! Xuntos vámolo conseguir. 

👉👉 GaliciaLe 👈👈

(foto de Xunta de Galicia )