Se premes na imaxe verás a recomendación
lectora relacionada co día da paz.
Esta semana estamos a realizar no cole unha morea de actividades coas que queremos celebrar o día escolar da non violencia e a paz.
Unha delas é esta que compartimos hoxe con vós. As nenas e nenos de 4º de educación primaria descubriron un libro que lles encanta e co que puideron reflexionar moito a cerca das cousas importantes que temos que ter en conta para eliminar a violencia das nosas vidas e quedarnos con aquilo que nos faga felices a todos.
Preme na imaxe para escoitalos!