mércores, 20 de xaneiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

O 24 de xaneiro celebraremos o Día Internacional da Educación.

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

Todos temos dereito a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa. Con iso poderemos conseguir o que nos propoñamos. Xa o di a canción!


Esforzo, traballo, loita, perseverancia, constancia... son ingredientes que necesitarás para acadar as túas metas. Aproveita a oportunidade, que non che pase como á protagonista do seguinte corto! 


FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!