luns, 28 de marzo de 2022

MUSEO DE POESÍA

O luns pasado, con motivo do Día da Poesía, o alumnado creou diferentes poemas e agora... temos un museo cheo de arte na biblio!



Mirade que bonito quedou....



- Infantil, 1º e 2º puxeron cor a poemas.

- 3º e 4º creou un poema disparatado 

- 5º e 6º crearon a partir dunha imaxe.



      









mércores, 23 de marzo de 2022

NON Á GUERRA CONTRA A INFANCIA


 A semana pasada o noso centro adheriuse á movilización #noalaguerracontralainfancia que promove a ONG Save The Children.

 

Ao longo da semana cada alumno/a fixo un xirasol, xa que é a flor nacional de Ucrania e simboliza a paz e a resistencia.

O venres concentrámonos no patio do centro todos xuntos con candanseu xirasol para escoitar o manifesto que nos facilitou a organización e trasladar así o noso apoio aos nenos e nenas Ucranianos. Podédelo escoitar no seguinte vídeo.

Logo elaboramos un gran mural colaborativo con todos os xirasois que se pode ver na vidreira de entrada do centro no que pedimos PAZ ENTRE OS DOUS POBOS.



Tamén realizamos unha recaudación de fondos para Save The Children que tivo moi boa acollida. O alumnado e as familias foron moi xenerosos e fixemos unha doación á ONG Save The Childen co noso gran de area para axudar aos nenos e nenas que sufren esta situación.



MOITAS GRAZAS 

POLA VOSA

SOLIDARIDADE!


 

martes, 15 de marzo de 2022

Películas



 Bos días, lectores e lectoras. 

Hoxe dende a biblio vimos a lembrarvos que dispoñedes dunha sección de videoteca na que podedes atopar títulos moi divertidos, dende os clásicos de sempre ata títulos máis actuáis




Queredes explorar un pouco máis? Mirade!!


Para estes días de chuvia nada mellor que unha boa película e unha manta no sofá. Estades de acordo??


Ata pronto!

venres, 11 de marzo de 2022

Recomendación lectora

 Bo día!

Hoxe os alumnos e as alumnas de 2º de EP tráennos unha recomendación lectora súper chula, queredes escoitala? Trátase do libro “Seres fantásticos de camiño”, de Xan Eguía.


Ademáis, este libro tan interesante está relacionado co PDI do cole de este ano. A que agardades para vir a biblio e botarlle unha folleada?

Ata pronto!

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da semana da prensa, o alumnado estivo traballando na aula con xornais e revistas.

 Uns analizaron noticias, outros divertíronse co papagaio....

 

e outros transformaron a utilidade da prensa nunha obra de arte.

Mirade, mirade...

 






mércores, 9 de marzo de 2022

Actividade 8-M

 Como xa sabedes, onte foi o Día Internacional da Muller, tamén coñecido como 8-M. 

Os nenos e nenas do cole fixeron un traballiño das mulleres importantes da súa vida, e o resultado é moi chulo. Hai mensaxes que están escritas dende o amor que lle temos as nosas mulleres. Queredes velo? Pois clicade no vídeo. 


Recordade que o 8-M é un día de loita e reivindicación, pero temos que traballar durante todo o ano para rematar con esta lacra. 

Ata pronto!

martes, 8 de marzo de 2022

STOP WAR

Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Tebra queremos lanzar unha mensaxe de PAZ.


Os nenos e as nenas do centro están moi sensibilizados coa situación que está a vivir o pobo Ucraniano así coma todos os nenos/as que se vén afectados pola guerra.

É por iso que deseñamos estes marcapáxinas bilingües.

Ninguén gaña con esta guerra. 

STOP WAR - SI Á PAZ.




8-M





 Bos días, lectores e lectoras!

Hoxe é un día moi especial, o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Nesta data conmemoramos a loita das mulleres pola participación na sociedade e polo seu desenvolvemento íntegro como persoa, sempre en igualdade co home. 

Na biblioteca contamos con moitísimos libros adicados a mulleres extraordinarias que cambiaron o mundo. Queredes velos? Aí van! 






Por exemplo, temos o libro de “Pioneiras 2”, que trata sobre mulleres galegas que fixeron cousas fantásticas. 



Outro título co que contamos é “Intrépidas”, que conta a historia de 25 exploradoras e as súas aventuras. 

                                                                               


Que vos parece a nosa selección? 


Ata pronto!


                                

luns, 7 de marzo de 2022

Semana da prensa

 Bos días, lectores e lectoras!

Como moitos e moitas sabedes, esta semana celébrase a “Semana da Prensa”. Dende 1989 existe esta conmemoración que segue vixente nas escolas galegas. 

No cole, cada semana recibimos exemplares de xornais galegos que temos a disposición nas aulas e na biblioteca. Ademáis, cada mes tamén temos o noso Papagaio, que nos encanta descubrir e ler unha e outra vez!

O deste mes foi unha pasada! 



O certo é que a prensa danos moitos recursos para traballar na aula e estar informados de toda a actualidade. A vos gústavos estar informados??


Ata pronto! 

venres, 4 de marzo de 2022

O entroido do Camiño

O pasado venres celebramos o entroido.

O alumnado desfrutou dunha merendola de filloas e roscón. Unha vez colleron forzas preparáronse para un desfile moi especial ao que puideron asistir as familias.

Este ano os disfraces estiveron relacionados co PDI O Camiño de Santiago.

EI - Trasnos do Camiño

1º - Peregrinos tradicionais

2º - Peregrinos tradicionais

3º - Escudos dos concellos do seu camiño

4º - Peregrinos tradicionais

5º - Peregrinos modernos

6º - Catedral de Santiago de Compostela


Para rematar a xornada o alumando de 6º de EP leu o testamento do Meco e como colofón final queimouse.



Como podedes ver, este ano o Meco foi un coronavirus peregrino que agardamos non volva aparecer polo noso camiño.

Bo entroido!

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO RESUMO