A semana pasada o noso centro adheriuse á movilización #noalaguerracontralainfancia que promove a ONG Save The Children.
Ao longo da semana cada alumno/a fixo un xirasol, xa que é a flor nacional de Ucrania e simboliza a paz e a resistencia.
O venres concentrámonos no patio do centro todos xuntos con candanseu xirasol para escoitar o manifesto que nos facilitou a organización e trasladar así o noso apoio aos nenos e nenas Ucranianos. Podédelo escoitar no seguinte vídeo.
Logo elaboramos un gran mural colaborativo con todos os xirasois que se pode ver na vidreira de entrada do centro no que pedimos PAZ ENTRE OS DOUS POBOS.
MOITAS GRAZAS
POLA VOSA
SOLIDARIDADE!