O pasado venres celebramos o entroido.
O alumnado desfrutou dunha merendola de filloas e roscón. Unha vez colleron forzas preparáronse para un desfile moi especial ao que puideron asistir as familias.
Este ano os disfraces estiveron relacionados co PDI O Camiño de Santiago.
EI - Trasnos do Camiño
1º - Peregrinos tradicionais
2º - Peregrinos tradicionais
3º - Escudos dos concellos do seu camiño
4º - Peregrinos tradicionais
5º - Peregrinos modernos
6º - Catedral de Santiago de Compostela
Para rematar a xornada o alumando de 6º de EP leu o testamento do Meco e como colofón final queimouse.
Como podedes ver, este ano o Meco foi un coronavirus peregrino que agardamos non volva aparecer polo noso camiño.
Bo entroido!
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO RESUMO