O equipo de biblioTebra quere informarvos de que, dado a fantástica climatoloxía que temos en Galicia e porén, todo o que elo acarrexa, decidiuse que a participación nos retos sexa de forma quincenal para poder utilizar as instalacións da nosa biblio.
Deste xeito, hai 15 días para deixar as vosas participacións no BUZÓN ENIGMÁTICO, quedando a data límite para participar neste RETO II ata o venres 21 de febreiro, día no que se publicará o RETO III.
Así mesmo, tamén vos queremos animar a que participedes TODAS e TODOS. Os retos son moi sinxelos, a participación non supón moito traballo e.... o equipo de biblioTebra nunca defrauda ☺😉
Por outro lado, recordarvos que durante a xornada de hoxe se celebrou a festividade de San Valentín ou día dos namorados/namoradas. Inda que, nun principio, esta festividade comezou co cristianismo para conmemorar o amor que ofertaba o San Valentín o certo é que se instaurou na nosa cultura como unha tradición.
A tradición fai que neste día se celebre o amor que nos une ás persoas que máis queremos ( nais, pais, namoradas, namorados, avóas...). A nós, non se nos ocurre mellor regalo que unha boa lectura na compaña dos/das que máis queremos. Nos vos parece?
Feliz día! Que o amor sexa o vínculo de unión máis grande ❤❤💖