Sempre soñastes con ser famoso /a e non sabes como logralo? Algunha vez quixestes formar parte dos concursos de cantantes que ves polo televisor e non sabías como podías chegar a conseguilo? Pois NON esperes máis! Aquí tes a oportunidade de ir practicando e... que mellor maneira de practicar que lembrando a Rosalía de Castro?!
Por iso, dende equipo de biblioTebra querémosvos recordar que inda estades a tempo de participar no certame de poesía Rosalía de Castro.
(imaxe de wikipedia )
Que tes que facer para participar? Moi sinxelo, presta atención 👇👇👀
As Bases para o certame son as seguintes:
- Ten que ser en GALEGO.
- Poden participar membros da unidade familiar: pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas.
- Premiarase a musicalidade, orixinalidade e acento poético.
- A grabación será en horizontal (apaisado)
- A entrega farase nun pincho (USB).
- O xurado estará formado polas 5 mestras que forman parte do equipo da Biblioteca.
- A entrega de premios levarase a cabo o 28 de Febreiro na hora lectora.
- Contaremos con 3 premios para toda a familia.
- Data límite de entrega será o 10 de Febreiro.
Quedamos á espera dos vosos vídeos.
Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que este venres 7 de febreiro remata o prazo para participar no RETO CIENTÍFICO 1 asique bulide, aproveitade o bo tempo e... A INDAGAR!!!!