martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL!

Aquí tedes unhas cantas lecturas que vos recomendamos para que este Nadal poidades soñar e viaxar canto queirades!


OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODAS E TODOS VÓS!!!

luns, 21 de decembro de 2020

LECTURAS COMPARTIDAS

Mirade que bonitos contos len e contan os rapaces e rapazas de 1º. 

Moitas grazas por compartilo con nós, está xenial!!!

venres, 18 de decembro de 2020

POR SEMPRE XAMAIS

O CONTO DE SEMPRE COMO NUNCA O IMAXINARAS

Unha rapaza, a súa fada madriña, unha flamanate carruaxe, un lobo e un sono inalcanzable son os protagonistas de moitos contos. Pero este non é como todos os demais.

A historia que relata "Por sempre xamais" está inspirada na vida de Michèle Mouton, expiloto de Audi, que en 1981 se converteu na primeira e única muller en gañar un rally do Campionato do Mundo de Rally. 

CAMBIEMOS O CONTO!!!

mércores, 9 de decembro de 2020

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Por esta razón, cada 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. O obxectivo desta celebración é promover o respecto e as liberdades de todos os individuos por igual.

Aquí tes un xogo co que aprenderás algún deses dereitos que todos temos. Conseguirás pasar todas as probas? 


Neste libro atoparás as ilustracións da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, feitas por Yacine Ait Kaci e publicado polas Nacións Unidas.

Se premes na seguinte imaxe e pasas co rato por enriba das ilustracións verás a presentación de thinglink.com dos Dereitos Humanos.



mércores, 2 de decembro de 2020

EXPOSICIÓN NA BIBLIO POLO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Como xa sabedes, o 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con Discapacidade

Este ano tan diferente e duro para todos, debido á pandemia munidal da COVID-19, debemos ser especialmente conscientes de que as persoas con discapacidade vense afectadas de forma desproporcionada polas consecuencias da saúde, sociais e económicas.

Para acompañar o tema cunha bonita lectura, Leo convídavos a que vaiades á Biblio porque ten preparada unha exposición de libros moi especiais que non podedes deixar de ler.

Bule, Leo espéravos!


Ademais, poderedes ver as novas adquisicións da biblio. Entre os novos libros atoparedes moitos relacionados coas emocións. Aquí tedes unha pequena mostra.


Aquí tedes un conto que vos vai encantar. Por cuatro esquinitas de nada, de Jérôme Ruiller.


martes, 1 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.

O que se pretende é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

2020: Un día para todos

En 2020, o lema da campaña é "Un día para todos". Quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos expermentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para iso.

AQUÍ poderás ver algunha das actividades realizadas no cole.

Son moitas as barreiras coas que se atopan a diario as persoas con discapacidade, na seguinte curtametraxe atoparás algunhas delas. Pero tamén verás que se todos amosamos empatía, tolerancia e amor cara aos demais, estaremos loitando xuntos para eliminar esas barreiras.

IAN, inspirada nunha historia real.


                      El cazo de Lorenzo


luns, 30 de novembro de 2020

ESTA SEMANA CONMEMORAMOS...

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA


Ana Martínez: Cuento Constitución (para os máis pequenos).


Perfileando: Cuento: El parque de la Constitución (para os máis pequenos).



MaestraSuperIsa: explicación da Constitución española (para os maiores).


Actividade para a conmemoración do Estatuto de Autonomía de Galicia. Carlos Mariño Pego.

xoves, 26 de novembro de 2020

CAMBIEMOS O CONTO

Coñeces o conto A Bela e a Besta?


É posible cambiar por amor? Despois de tantos anos intentando cambiar o carácter cerrado e malhumorado da Besta, Bella cánsase e decide saír do conto. 

Por unhas relacións baseadas no bo trato, cambiemos o conto! 



mércores, 25 de novembro de 2020

CAMBIA O CONTO

Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero no cole. Preme na imaxe para ver as actividades realizadas.

Carapuchiña vermella decide saír do conto porque, despois de 300 anos, segue repetíndose a mesma historia: aparece un lobo no seu camiño coa intención de devorala. Carapuchiña plántase cun NON é NON!!! 




martes, 24 de novembro de 2020

CONTOS DE MONSTRUOS

Mañá é o 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia de xénero, e hoxe imos escoitar un par de contos relacionados con este tema.

O primeiro titúlase Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa. Aquí podedes ver un pequeno fragmento contado pola súa autpra, Estela Moreno Bermúdez.

O segundo titúlase El monstruo e o seu autor, Daniel Martín, le o conto para vós.


luns, 23 de novembro de 2020

CONTRA A VIOLENCIA

Como cada ano, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Faise para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para que esa violencia desapareza.


Nós tamén dicimos que NON e esta semana compartiremos unha morea de contos e historias que seguro vos encantan.

Hoxe compartimos con vós un conto no que tamén din que NON, esperamos que vos guste! 

NI UN BESITO A LA FUERZA

Aquí tedes o mesmo conto lido por nenos e nenas dun cole de Sevilla e que compartiron no blog Soñando cuentos.


xoves, 19 de novembro de 2020

POR UN MUNDO MELLOR

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro é un día importante porque se celebra o Día Universal do Neno. Ademais, conmemóranse os aniversarios da aprobación da Conmemoración dos Dereitos do Neno (1989) e da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959). 

Non vos perdades as ilustracións que realizou Quino (o creador de Mafalda) en 1977. Foi un traballo que lle pediu Unicef e nelas Mafalda reivindica os dereitos dos nenos. Aquí vos deixo unha das ilustracións, se pinchades na imaxe atoparedes máis. 

Aquí tedes un pequeno conto sobre os Dereitos dos nenos e das nenas, esperamos que vos guste!


FELIZ DÍA A TODOS E A TODAS!

OS AFILLADOS E AFILLADAS RESPONDEN

LECTURAS COMPARTIDAS

Fai uns días compartiamos con vós os vídeos que os padriños e madriñas lectoras de 3º, 4º, 5º e 6º gravaron para os seus afillados.

Agora son os máis pequenos do cole, o alumnado de Educaciín infantil e 1º os que agradecen os contos que tanto lles gustaron.

Iso si, gustáronlle tanto que queren máis!!! 😃

Preme na imaxe se queres ver os vídeos!


NON DEIXEDES DE COMPARTIR LECTURAS!!! 💗💗💗

venres, 30 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O luns 26 de outubro, día no que celebramos o día das Bibliotecas Escolares, BIBLIOTEBRA abriu as súas portas para que poidamos seguir gozando coa lectura. 

O día estivo cheo de sorpresas... e tampouco faltou o apadriñamento lector que tanto nos gusta. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º gravou uns contos escollidos con moito cariño para os seus afillados de E. Infantil, 1º e 2º. Se queres velos podes picar na imaxe!

Tamén empezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras dos distintos cursos e, por fin, podedes desfrutar dos cadernos viaxeiros que con tanto esforzo elaborastes o curso pasado. 

                                  

Por certo, non nos esquecemos de premiar o mellor caderno viaxeiro, así que, PARABÉNS ao alumnado de E. Infantil e 1º de E. Primaria polo tan merecido premio, esperemos que vos guste! 

Non te esquezas de ver as fotos e os vídeos dos contos, están xenial!

PICA AQUÍ PARA VER OS VÍDEOS!

sábado, 24 de outubro de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!

Un curso máis, a Biblio abre as súas portas.

A súa apertura coincide coa conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares, que se celebra o 24 de outubro.


O lema deste ano `Bibliotecas, sempre ao teu carón´ céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.Emociónate: un proyecto sobre sentimientos y emociones 1º ESO Curso  2011/2012 | trabajos interdisciplinares del I.E.S. Benjamín Jarnés

E este ano, a pesar da complexa situación que estamos a vivir, non ía ser menos. Xa está todo preparado para que poidamos facer uso dela cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento social que todos coñecemos.

Leo xa está preparado para acompañarnos durante todo o curso e vivir con nós moitas e moi divertidas aventuras. Este ano imos aprender moito de emocións coa nosa mascota, así que escolle un libro, ponte cómod@ e EMOCIÓNATE moito!



Esperámosvos o luns para celebrar o día das Bibliotecas Escolares!

xoves, 25 de xuño de 2020

BO VERÁN

Outro curso que remata...
Que remate o mes de xuño trae cousas boas: comezo do verán, reunións familiares, quedadas cos amigos e amigas, festas, merendolas... Sabemos que levades todo o ano pensando neste mes, pero aos profes e ás profes entristécennos as despedidas e moito máis nos entriste este ano que non puidemos despedirnos todos e todas xuntos/as como deberíamos. 
O verán é unha época para descansar, para esquecer, para gozar, para facer todo aquilo que nos gustaría facer no inverno pero por cuestión de tempo atmosférico e de horas non podemos aproveitar os días. O verán trae felicidade, alegría, boas sensasións... pero tamén nos dá a oportunidade de ler e viaxar. 
Dende o equipo de BiblioTebra deixámosvos un tríptico informativo con algunhas recomendacións lectoras para todos os públicos (dende os máis pequenos/as da casa ata os adultos). Gustaríanos que non desaproveitásedes estes meses e que poidades seguir lendo e soñando. 
Tamén queremos mandarvos un bico enorme polo aire e recordarvos que está nas nosas mans seguir coidando a nosa saúde. 
Ata pronto! Pasade bo verán! 




martes, 16 de xuño de 2020

ENQUISA BILBLIOTECA

Esta enquisa é para o alumnado e profesorado do centro sobre a valoración do funcionamento da Biblioteca escolar este curso....

                                                                         
                                                                        Grazas!!!!



ENQUISA ALUMNADO




ENQUISA PROFESORADO



domingo, 17 de maio de 2020

17 de maio, día das letras galegas.

Como ben sabedes, no día de hoxe homenaxeamos a Ricardo Carvalho. 
Deixámosvos un vídeo con unha das súas obras, "As pitas baixo a choiva", coa que podedes deleitarvos. 
Feliz día da nosa lingua! 


luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Por primeira vez na historia aprázase o acto das Letras Galegas e pasará a celebrarse o día 31 de outubro. 
A Real Academia Galega decidiu que, por mor desta situación que estamos a vivir, se aprace o pleno extraordinario que se celebra cada 17 de maio ata o mes de outubro. Trátase dunha medida que nunca antes ocorreu na historia das Letras Galegas, as cales este ano se adicaban a Ricardo Carvalho Calero. 
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e foi mestre e escritor galego. Membro da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega. 
O  Colexio San Pío de Ourense fixo un vídeo onde podemos repasar a vida deste autor e aprender un chisco máis. Botádelle un visual, seguro aprendemos. 





luns, 4 de maio de 2020

2 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio vén de celebrarse o día internacional fronte ao ACOSO ESCOLAR. 
Esta conmemoración nace co fin de concienciar sobre o risco que está tendo o acoso escolar, ou tamén coñecido como bullying, tanto en nenos/as como nos/as adolescentes a nivel global. 
O seu obxectivo é atopar os mecanismos precisos para evitar esta triste traxedia que, a día de hoxe, continúa a ser un terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil. 
O día da conmemoración foi escollida polas asociacións de nais e pais así como tamén participaron nela diversas asociacións NON gubernamentais para concienciarnos sobre este risco e brindarnos métodos e recursos para evitar este tipo de situacións no ámbito escolar. 
Dende o equipo de BiblioTebra sumámonos a esta conmemoración e esiximos o
NON AO ACOSO ESCOLAR! 




xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

HOXE, 23 DE ABRIL, CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO
Este día vén de celebrarse dende que no 1988 foi promovido pola UNESCO. A conmemoración celébrase a nivel mundial, co fin de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito do autor e/ ou autora. 
Como este ano a situación mundial é diferente, son varias as institucións que se mobilizan para ofertarnos actividades durante este confinamento, podendo así celebrar dito día dende os nosos fogares. 
Entre esas propostas atopamos: 
⇒ O concello de Tomiño celebra este día por todo o alto na rede, invitándonos a compartir fotografías, vídeos co libro que estamos lendo. Tamara Campos de Migallas Teatro e a profesora da Escola de Teatro contarannos un conto, mentres que Beatriz Campos fará un recital de poesía e Puri, docente do IES Alonso Ríos falará dun dos seus libros. 
⇒ A escritora Isabel Allende invítanos a unha charla con ela a través da súa rede social de Facebook ás 21:30 horas.
⇒A editorial Páginas de Espuma realiza un curso exprés de edición coa única condición de mercar tres libros. 
⇒ Dende a rede social de Instagram @megustaleer, con horario entre as 09:30 e as 20:00 horas, ofértannos unha ampla programación, con encontros, entrevistas, concursos e mesmo actuacións musicais. 
⇒Para as persoas amantes da fotografía, tamén podemos participar na campaña de Federación de Gremios de Editores de España facéndonos unha fotografía no noso rincón de lectura, subila a Instagram e Twitter coa etiqueta #GrazasLibro. 
⇒ As distribuidors de A Contracorriente Films e Sherlock Films estrean na Sala Virtual de Cine (salavirtualdecine.com) o documental "Libreros de Nueva York", dirixida por D.W. Young. 
Google Arts & Culture ofértanos un percorrido pola vida e obra do autor de Miguel de Cervantes, pola España da súa época e os diferentes lugares que o autor representa a Don Quijote, así como coñecer aos seus personaxes literarios. 

⇒ A editorial Planeta anima aos lectores e lectoras a non quedarse sen dedicatoria e oferta por internet máis de 200 que diversos autores e autoras escribiron para celebrar o Sant Jordi. 
⇒ Terecetounlibro.org, unha iniciativa da Escola de Escritores, oferta a coñecidos autores e autoras que nos poden receitar libros en consultas online para levar mellor o confinamneto. 
⇒ Coñece os segredos de a Caja de las letras , do Instituto Cervantes, a antiga cámara acorazada da sede central da institución, que antes albergou un banco e que atesoura máis de 60 legados que se depositaron dende 2007. Este Instituto oferta, ademais na súa páxina de YOUTUBE a lectura dunha pasaxe do Quijote de dez representantes da cultura. 
⇒ A Fundación Municipal de la Mujer del Ayuntamiento de Cádiz organiza a V edición de #ConNuestrasPalabras, buscando así reinvindicar e difundir a creación literaria femenina, pedíndonos que enviemos ás súas redes sociais unha foto dunha portada dun libro con autoría feminina, un debuxo, un vídeo lendo un fragmento...

Como podedes observar, existe unha ampla oferta para poder conmemorar este día dende os nosos fogares. Non perdades a oportunidade de celebralo.

FELIZ DÍA DO LIBRO 


martes, 14 de abril de 2020

ENTRANDO NA RECTA FINAL

MOI BOAS!
Damos comezo ao terceiro trimestre. Este ano levarase a cabo dun xeito un pouco distinto pero non por iso nos vamos entristecer. Non é necesario recordar que estamos baixo unha epidemia mundial e que o retorno ás aulas debe facerse coas medidas hixiénico - sanitarias axeitadas.
Cada día son máis os recursos que se nos proporcionan para que este confinamento sexa o máis levadeiro posible.
Xa levamos 30 días confinados (por certo, noraboa a todas e a todos, estades facendo unha gran labor, quedando na casa estamos axudando a que esta epidemia se extinga, a nosa máis sincera feliticación) e todos os recursos que se nos proporcionen son ben recibidos.

(GIF de tenor )

Hoxe traémosvos unha editorial galega, "Baía edicións" que nos dá a oportunidade de descargar, de forma gratuíta, unha listaxe de libros para escoller, entre todas as idades, co fin de superar este confinamento.
O único requisito que nos piden é que teñamos empatía e fagamos un uso responsable da descarga respectando as obras que, xenerosamente prestaron os seus autores e as súas autoras para esta campaña.
Atréveste a leelos?

👉👉👉BAÍA EDICIÓNS 👈👈👈 


luns, 6 de abril de 2020

O PRINCIPIÑO

Hoxe, 6 de abril, cúmprense 77 anos da publicación dun clásico entre os clásicos: O PRINCIPIÑO.
Para aquelas persoas que non o coñezan (como non o vades coñecer???? 😨😨) trátase dunha novela escrita por Antoine de Saint - Exupéry e publicada no 1943 en dous idiomas: inglés e francés. 
Traducido en máis de douscentos idiomas, trátase seguramente do libro máis lido, incluído tamén no sistema Braille.
Así mesmo, está catalogado como un dos libros más vendidos, con máis dun millón de vendas por ano. 
Chegou a España no 1951, da man da traducción de Bonifacio de Carril. 
Se inda non a léstedes, este confinamento pode ser a mellor ocasión. Seguro que non vos arrepentides.



xoves, 2 de abril de 2020

Seguimos proporcionando recursos neste DIA INTERNACIONAL

Boas!
Cada día son máis as plataformas que poñen á nosa disposición os seus recursos de forma gratuíta para que esta época de confinamento e malestar social sexa máis levadeiro. Debemos pensar en positivo, ter paciencia e darnos conta que se nos unimos e seguimos as normas que nos impoñen moi pronto saliremos desta pero tamén debemos pararnos a pensar e recapacitar de que estes días non son de vacacións nin se nos deu un descanso para que tomásemos aire e collésemos forza. Estamos na casa para evitar que se propague a pandemia pero o traballo e o curso debe continuar, pois só así podemos alcanzar os nosos obxectivos. 

Hoxe, no DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL queremos deixarvos enlaces para que poidades celebrar este día como se merece, LENDO. Porque lendo serve para moitas cousas: aprender, entreter, xogar, construír, elaborar, gozar, viaxar... Na lectura están as mellores viaxes, cada persoa interpreta a información e o contido da súa maneira, non hai regras e iso... iso é algo que na vida pasa poucas veces. 

(foto de cultura.gal)

Aquí, deixámosvos uns enlaces para que poidades agasallarvos coas mellores historias. 
 ➤ Afundación en casa pon a disposición do seu público o seu libros para nenos e nenas "Pepa e Rufo na cociña" combinando así lectura e nutrición , actividades vinculadas coa alimentación e receitas de cociña saborosas e saudables elaboradas co asesoramento de figuras tan importantes como Marcelo Tejedor (de Casa Marcelo), Javir Olleros (de Culler de Pau) ou Marta Álvarez (de Granxa Maruxa). 
➤ A través dunha selección de corenta obras destacadas da colección, o Museo do Prado publica un episodio de "Píntame un mito" unha sección do programa de RNE. 
➤ A editorial SM proponnos celebralo con encontros en directo dos seus autores a través da súa conta na aplicación de Instagram SM Instagram O encontro comezará ás 18:30 co autor Roberto Santiago e ás 20:30 coa autora beatriz Giménez de Ory. 
➤ O Teatro Liceu ofértanos a súa producción de "L'italiana in Algeri" coa que conmemoraba os 150 anos da morte do compositor italiano Gioachino Rossini. EFE
➤ O periódico ABC adxúntanos unha serie de propostas que van dende un curso para que as familias aprendan a contarlle os contos aos seus cativos/as, pasando por recomendacións dende librerías, encontros con autores e autoras... etc ABC

Ademais, non queremos esquecernos de que hoxe, día 2 de abril, tamén se conmemora o DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO que pon en releve a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade. 


A miúdo, para comunicarse, utilizan PICTOS, unha serie de imáxenes que lle permiten unha mellora na súa comunicación. 
Deixámosvos un enlace dun conto para que poidades coñecer como sería ler a través de pictogramas e reflexionedes da importancia que ten unha linguaxe inclusiva. 


luns, 30 de marzo de 2020

Máis recursos!

Bo día,
Dende o equipo de BiblioTebra queremos informarvos que a plataforma de Amazon cancelou hoxe a suscripción para o pago de libros e / ou historias de audio para nenas, nenos e estudantes de todas as idades, podendo escoitar unha ampla colección de historias en 6 idiomas diferentes.
Todas as historias son de carácter gratuíto e serven tanto para ordenador, teléfono ou tableta.
O enlace para poder acceder a estes recursos é: amazon.
Como vedes, a meirande parte da sociedade está contribuíndo para acabar con esta pandemia, ofertándonos os seus recursos para que nos quedemos na casa e os danos sexan os menos posibles. Por iso, debemos aproveitalos e sacarlle o maior beneficio posible a este confinamento. Ánimo!

domingo, 29 de marzo de 2020

GaliciaLe

Moi boas! 
Por mor da situación que estamos vivindo, son moitas as plataformas que están ofertando, sen ánimo de lucro, recursos para que esta experiencia sexa máis sinxela de afrontar. 
A Xunta de Galicia tamén quere poñer o seu anaco de area, por iso pon  a disposición da sociedade a plataforma GaliciaLe. 
En ocasións normais, GaliciaLe oferta un catálogo de préstamos electrónicos que só estaría dispoñible para os / as usuarios das bibliotecas públicas pero, debido ó confinamento que estamos pasando, ÁBRESE agora a toda a poboación de xeito GRATUÍTO. Así, pódese descargar e / ou visionar obras en formato dixital de diversas temáticas e para diverso público en ata 8 idiomas. Ademais, tamén suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes , curtas ou documentais. 

Como acceder? 
Só é necesario completar o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Trás cubrilo, o / a usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder á plataforma. Cando remate o estado de alarma, os / as usuarios disporán dun periódo de 30 días para recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes desta plataforma. 
Deixámosvos aquí o enlace para que poidades botarlle un visual. Estamos seguras de que lle podedes sacar moito beneficio. 
Ánimo! Xa queda menos. Un último esforzo! Xuntos vámolo conseguir. 

👉👉 GaliciaLe 👈👈

(foto de Xunta de Galicia )

venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

"La vida, es como una obra e teatro que no permite ensayos; por eso, canta, ríe, baila, llora y vive intensamente cada momento de tu vida... antes que el telón baje, y la obra termine sin aplausos." (Charles Chaplin) 

Hoxe, 27 de marzo, conmemórase o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Este día vense celebrando dende o ano 1961 o declarou o Instituto Internacional de Teatro (ITI) e, un ano despois e na mesma data, Jena Cocteau pronunciou a primeira mensaxe conmemorativa. 
O obxectivo deste día é dar a coñecer o que reprensenta e a labor cultural que fai o teatro a nivel mundial. 
Dende a Deputación de Pontevedra, lanzan un vídeo onde  algunhas das actrices e actores galegas /os se pronuncian e dan a coñecer a súa opinión sobre o teatro. 

Podedes ver o vídeo no seguinte enlace 👉👉Día Mundial do Teatro 👈👈


Porque despois desta "función", o espectáculo, debe continuar 😉

sábado, 21 de marzo de 2020

LENDO PASA O TEMPO CORRENDO

A corentena está pasando lenta. 
Non estamos acostumadas / os a estar por estas datas na casa e, por riba, parece que canto máis nos aconsellan non saír das casas máis nos apetece.
Moitas das veces non sabemos que facer: as tarefas diarias da escola, recoller a casa, as series da televisión todas vistas.... 
Dende o equipo de BiblioTebra deixámosvos o enlace dunha páxina que, dende o 17 de marzo ata o 31 de marzo, nos dá a oportunidade de gozar de varios títulos telemáticos de forma gratuíta. 
Botádelle un vistazo, vades ver que ten moitas ofertas que vos poden interesar 😉

👉👉👉 ESCOLLE A TÚA LECTURA  👈👈👈

Así mesmo, tamén queremos aproveitar esta publicación para desexarvos un moi FELIZ DÍA DA POESÍA 


mércores, 18 de marzo de 2020

MATANDO O TEMPO

Moi boas! Como estades levando este tempo de illamento? 
Dende o Equipo de BiblioTebra sabemos o difícil que é pasar todo o día encerrados na casa / piso e por iso vos traemos unha idea para que poidades "matar" o tempo de aburrimento. 
Como seguro xa coñecedes, o Salón  (Pontevedra) realiza neste mes de marzo o XXI Salón internacional do libro infantil e xuvenil de Pontevedra onde se poderá gozar e coller ideas para a nosa lectura diaria. 
Por mor  illamento e do mal momento que estamos pasando, este salón danos a oportunidade de realizar esa visita virtualmente. 
Deixámosvos aquí o enlace para que lle botedes un vistazo. Seguro que recadades moitas ideas que vos permiten distraervos un chisco máis. 
 
👉👉 SALÓN DO LIBRO 👈👈


sábado, 14 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

Ante a situación que estamos vivindo e  o proceso de paralización na actividade lectiva co fin de intentar radicar a epidemia que nos invade, o equipo de BiblioTebra decidiu SUSPENDER o reto científico ata que voltemos á normalidade. 

Así mesmo, tamén queremos lembrarlle a toda a comunidade que isto non son vacacións. A sociedade está pasando por un mal momento e todas e todos debemos concienciarnos de que o futuro está nas nosas mans. 

Do mesmo xeito, queremos mandar unha mensaxe de calma e de ánimo, coa fin de manter a esperanza de que todas, todos e todo volte á normalidade o antes posible. 

Aproveitade para ler. Apréndese moito lendo. 

Voltamos pronto! 

domingo, 8 de marzo de 2020

Conmemoración Día Internacional Da Muller

A historia sobre a commemoración do 8 de marzo fai referencia ós feitos que aconteceron nesa data no ano 1908, donde morreron calcinadas 146 mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York, nun incendio provocado polas bombas que lle lanzaron ante a negativa de abandor o encerro no que protestaban polos baixos salarios e as infames conficións de traballo que padecían. 

Hoxe, gracias á loita diaria, dánse pequenos pasos de evolución mais, a realidade demóstranos que inda se precisa máis poderío para seguir pelexando. 

Dende o equipo de BiblioTebra queremos felicitar  a TODAS AS MULLERES pola gran labor que fan no seu día a día. 

Na biblio, podedes atopar un recuncho con libros onde as protagonistas son as mulleres e relatan unha realidade diferente á que estamos acostamos/as. 



venres, 6 de marzo de 2020

Reto Científico IV

Antes de nada, o equipo de BiblioTebra quere felicitar a todas esas persoas que están participando e se están convertendo en verdadeiros e verdadeiras científicos e científicas! Estamos moi contentas de contar con un alumnado tan maravilloso coma vos. 

O reto que vos propoñemos nesta quincena vai tratar sobre.... 


XIRINGAS!!!!

As preguntas que debedes contestar serán as seguintes: 

* QUEN INVENTOU A XIRINGA QUE SE PODE USAR CON UNHA SOA MAN? 

* CAL ERA O SEU PRINCIPAL OBXECTIVO CON ESTE INVENTO? 

Non esquezades deixar as vosas respostas (contestadas en formato cuartilla, de forma limpa e clara) no buzón enigmático antes do venres 20 de marzo.

E lembrade, o equipo de BiblioTebra, nunca defrauda! 💚😊




xoves, 5 de marzo de 2020

Solución Reto II

Pensábades que nos esquecéramos?
Velaquí vos deixamos as respostas ao Reto Científico II para que poidades comprobar se averiguáchedes ben ou precisades seguir afondando 😉

➥ COMO XURDIU A IDEA DO PINCEL?

Inda que non se sabe a ciencia certa, pénsase que o primeiro pincel xurdiu na época da prehistoria, como instrumento de creación e comunicación.

➥ DE QUE ESTABAN FEITOS OS PRIMEIROS PINCEIS?

Os primeiros pinceis estaban feitos dun anaco de madeira e pelo de animal nun dos seus extremos.


Era un reto moi sinxelo, a que si?

Lembrade que mañá venres 7 de marzo finaliza o prazo para participar no Reto Científico III asique bulide e todos e todas a investigar!!!!

venres, 28 de febreiro de 2020

Premios Certame Rosalía de Castro

Durante a xornada de hoxe, na sesión de lectura, tivo lugar a entrega de premios ás gañadoras e gañadores do Certame Rosalía de Castro.  

Foi un momento moi importante para nós, xa que tivemos a oportunidade de ver as obras que realizaron os/as nosos/as compañeiras/os. 

Ademais, toda aquela persoa que participou tamén levou un agasaio en agradecemento da súa colaboración. 

Para ver as fotos, clicade neste link
                                ↓↓↓

Moitas gracias pola vosa participación!! 

Por último, o equipo de BibliTebra quere recordarvos que tendes ata o próximo venres 6 de marzo para participar no Reto Científico III. Animádevos! Xa podedes ver que este equipo nunca defrauda! 

luns, 24 de febreiro de 2020

24 de febreiro, día de Rosalía

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,

mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,

campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.


Cando de lonxe vos oio,

penso que por min chamades
e das entrañas me doio.


Dóiome de dór ferida,

que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.

Só media me deixaron

os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.


Non me roubaron, traidores,

¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.


Que os amores xa fuxiron,

as soidades viñeron...
De pena me consumiron.


Campanas de Bastabales,

cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

(foto wikipedia)

O día 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro. 

Nada en Santiago de Compostela e residente en Padrón foi a primeira muller en defender a súa lingua materna, a lingua galega. Por aquela entonces, Galicia vivía unha época onde falar galego era penado. Ela, que nunca renegou do seu, decidiu escribir na lingua que amaba, a pesar do que eso supoña. 

Foi así, como o 17 de maio de 1863 publica a súa primeira obra, "Cantares gallegos" , obra onde se desenvolven diversos temas que reflexan a sociedade rural onde ela e vivía. 

Se inda non coñeces ningún poema dela, a que esperas? A súa memoria, precisa manterse viva.