luns, 15 de decembro de 2025
martes, 2 de decembro de 2025
venres, 28 de novembro de 2025
25N
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA
Como este curso a temática do noso proxecto é a pintura, o alumnado do colexio estivo creando carteis e pinturas sobre este día e foron deixando os seus traballos no buzón do 25N. Cando abrimos o buzón atopamos moitas mensaxes reivindicando o fin da violencia que sufren tantas mulleres no mundo enteiro.
Neste acto do 25N as nenas e nenos de 6º de EP tamén leron un manifesto que tiñan preparado para a ocasión. Os traballos quedarán expostos no corredor ata o final do trimestre.
NUNCA MÁIS VIOLENCIA MACHISTA!
luns, 24 de novembro de 2025
RADIOLEO! NO 25N
Saúdos a tod@s as oíntes de RadioLeo! Xa temos dispoñibles os dous programas especiais dedicados ao 25N que estivo gravando o alumnado de 6º de EP.
Escoitade RADIOLEO!
NON MÁIS VIOLENCIA MACHISTA!
martes, 28 de outubro de 2025
DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado venres 23 de outubro conmemoramos o día das Bibliotecas escolares e aproveitamos para inaugurar a Biblio do cole.
Antes do recreo os axudantes da Biblio foron polas aulas a facernos unha carta de Leo, a mascota da Biblio, na que nos pedía axuda para averiguar cal era o tema do PDI deste curso 25-26. Á hora de ler fomos todos á Biblioteca e unha vez alí, por grupos, tivemos que buscar pistas despois de resolver diferentes retos. Ao final, xuntamos todos os nosos tesouros e descubrimos o tema, autores e obras nos que nos imos facer expertos e expertas este ano.
Se queredes saber como foi preme AQUÍ.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


.jpg)

