Publicación destacada

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias!  Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes o...

luns, 21 de novembro de 2011

AS MALETAS VIAXEIRAS VAN DE VIAXE!

Un ano máis, as maletas viaxeiras da biblioteca da nosa escola,foron de viaxe ata as casas dos nosos alumnos e alumnas para compartir coas súas familias contos,revistas e unha divertida película.
Os nenos e nenas de cada aula tiveron que superar diversas probas para poder conseguila:trabalinguas,adiviñas,atopar pezas dun puzzle polos distintos recunchos da biblioteca seguindo ás pistas que se daban...
Foi moi divertido!

venres, 23 de setembro de 2011

XA CHEGOU O OUTONO!

Que mellor maneira de recibir ó outono que cun conto musical!
Trátase dun conto de Eva Alonso baseado no terceiro movemento de
" El otoño" de Vivaldi.A través das súas ilustracións e a narración imos coñecer algunhas características do outono e o cambio que produce no entorno.

martes, 3 de maio de 2011

mércores, 27 de abril de 2011

mércores, 23 de marzo de 2011

BENVIDA Á PRIMAVERA!

LA ESCUELA DE LAS FLORES

En medio del prado
hay una escuela
a donde van las flores
y las abejas.
Amapolas y lirios,
violetas pequeñas,
campanillas azules
que, con el aire, suenan.                          
En medio del prado
hay una escuela,
y una margarita
que es la maestra
                (Gloria Fuertes)
                                                     


21 DE MARZO: DIA MUNDIAL DA POESIA

Se celebra el Día Mundial de la Poesía.| Foto ilustrativa  -   Agen­cias Agencia

Cada 21 de marzo celébrase o dia mundial da poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países.




mércores, 26 de xaneiro de 2011

RAZÓNS PARA LER

                                           
                                     

                                   33 RAZÓNS PARA LER

Para vivir máis
 Para deter o tempo
 Para saber que estamos vivos Para saber que non estamos sos
 Para saber Para aprender
 Para aprender a pensar Para descubrir o mundo
 Para coñecer outros mundos Para coñecer ós outros
 Para coñecernos a nos mesmos
 Para compartir un legado común
 Para crear un mundo propio
 Para rir Para chorar
 Para consolarnos Para desterrar a melancolía Para ser o que non somos
 Para non ser o que somos Para dubidar Para negar Para afirmar
 Para fuxir do ruido Para combatir a fealdade
 Para refuxiarnos Para evadirnos
 Para imaxinar
 Para explorar
 Para xogar Para pasalo ben
 Para soñar
    Para crecer
      Para...........
                              Victoria Fernández
                                                                            Directora da revista Clij Animalec
 
 
E TI?
CAL É A TUA RAZÓN?

venres, 14 de xaneiro de 2011

25 DE OUTUBRO: DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Co gallo da celebración do día das Bibliotecas Escolares, no centro realizamos as seguintes actividades: Coloreamos os debuxos realizados por Pepe e Abraham Carreiro para posteriormente decorar os corredores do colexio. Realizamos un concurso de marcapáxinas e completamos entre todos un poema. Puxemos en marcha as MALETAS VIAXEIRAS, unha por aula.
Gustóunos moito este día!