Coñeces o conto A Bela e a Besta?
É posible cambiar por amor? Despois de tantos anos intentando cambiar o carácter cerrado e malhumorado da Besta, Bella cánsase e decide saír do conto.
Por unhas relacións baseadas no bo trato, cambiemos o conto!

Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero no cole. Preme na imaxe para ver as actividades realizadas.
Carapuchiña vermella decide saír do conto porque, despois de 300 anos, segue repetíndose a mesma historia: aparece un lobo no seu camiño coa intención de devorala. Carapuchiña plántase cun NON é NON!!!
Mañá é o 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia de xénero, e hoxe imos escoitar un par de contos relacionados con este tema.
O primeiro titúlase Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa. Aquí podedes ver un pequeno fragmento contado pola súa autpra, Estela Moreno Bermúdez.
Como cada ano, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Faise para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para que esa violencia desapareza.