venres, 22 de xuño de 2018

venres, 15 de xuño de 2018

BIBLIOTECA EN OBRAS

Como xa saberedes levamos moitos meses coa biblioteca do centro en obras, inda que isto non impediu que puidéramos usala para moitas actividades coma contacontos, almorzos saudables, entrega de premios, etc. Estamos a realizar un importante traballo de expurgo e selección de material, ordeando e etiquetando todos os materias, mercando, actualizando e ampliando os fondos. Ao mesmo tempo os mestres estamos a recibir formación sobre como xestionar a biblioteca e así ofrecer aos nosos alumnos un mellor servizo. Aquí vos amosamos algunhas fotos deste proceso.



































E agora unhas fotiños para que vexades o chula que nos está quedando...xa queda pouco para a súa gran apertura!