xoves, 28 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 A semana pasada, con motivo do Día do Libro, realizamos dúas actividades:

                             INTERCAMBIO DE LIBROS 

O alumnado tivo que buscar pola biblioteca os libros que os seus compañeiros e compañeiras trouxeran previamente. 

Era algo difícil xa que algúns estaban moi ben agochados....

Unha vez atopado o libro do curso correspondente a ilusión era moi grande, xa que estaban empaquetados en papel de periódico. A curiosidade enchíanos de ledicia!



MURAL COLABORATIVO 

Neste mural o alumnado reflexou o que significa para el un libro: aventuras, diversión, recomendacións lectoras...


Mirade máis neste vídeo...


Por último dende o equipo de biblio agasallamos un libro para que os nosos lectores e lectoras non perdan detalle das súas lecturas!



mércores, 6 de abril de 2022

Rutas e sendas



 Bos días, lectores e lectoras!

Sabedes o que acontece esta semana? Si!!! Comezan as vacacións de Semana Santa!

Ao mellor, moitos e moitas aproveitades cosas coas vosas familias a facer algunha ruta ou senda chula, xa que na nosa contorna contamos con inumerables percorridos dignos de ser desfrutados. Ou ao mellor despois de coñecer durante estes dous primeiros trimestre o PDI do cole entráronvos as ganas de facer O Camiño de Santiago, non si?

Para os máis aventureiros e aventureiras, na biblio contamos con libros que nos poden servir de guía para afrontar retos que soamente os máis expertos explorados poden acometer. Queredes saber cales son? Aquí vai o primeiro:



Como vedes, neste manual podemos atopar moita información e trucos para orientarnos no monte e saír satisfactoriamente desta aventura. Pero todo explorador e exploradora que se precie ten que coñecer o tempo que vai, non si? Non vos preocupedes, tamén temos a solución:


Neste libro atoparemos o necesario para coñecer as situacións climatolóxicas que nos acompañarán ao longo da viaxe.

Animádesvos a poñelos en práctica?

Un saúdo!


venres, 1 de abril de 2022

INVESTIGACIÓN DOS SÍMBOLOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Como sabedes, durante este trimestre estivemos a investigar sobre os símbolos do Camiño de Santiago para adentrarnos no PDI. Con todo o que o alumnado invesigou realizamos este canva.
PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE PARA VER O CANVA. Esperamos que vos guste!