Publicación destacada

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias!  Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes o...

mércores, 5 de outubro de 2016

BIBLIOTEBRA ABERTA

Rapaces! Escoitamos dicir que xa está aberta a Bibliotebra para que poidades levar emprestado o libro que máis vos gusta!


Horario de tarde:
Excepto os martes podedes pasarvos calquería día en horario de 16h a 18h.

A mellor viaxe é un libro!

AS MALETAS VIAXEIRAS A PUNTO DE COMEZAR A SÚA VIAXE!

Como xa sabedes, o vindeiro luns 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares. As maletas viaxeiras están moi pero que moi impacientes porque desexan  viaxar xa ós vosos fogares. E este curso hai novidades dentro dela!! Queredes saber que conteñen? Pois vai ser que hai que esperar... 

Os nenos e nenas teredes que pasar unhas probas para poder conseguir a vosa maleta viaxeira e así poder levala de viaxe as vosas casas. A por elas!!

Lembrade: SE QUEREDES AVENTURA.... LANZÁDEVOS Á LECTURA!!