mércores, 9 de novembro de 2022

A NOSA BIBLIO XA ESTÁ FUNCIONANDO!

    

    Dende o pasado 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, a nosa biblio está en pleno funcionamento.


    Durante a celebración, fixéronse xogos na biblioteca para os diferentes cursos: para infantil, primeiro e segundo mímica para que averiguasen os contos; para terceiro e cuarto, a personaxe misteriosa onde descubriron a Harry Potter, Pipi Calzaslargas ou o Gerónimo Stilton. 

    Despois, explicouse a importancia do día das bibliotecas, en memoria da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.

    Ademáis, as mochilas viaxeiras comezaron a súa aventura polos distintos cursos!





Agardámosvos entre os libros!

Preme aquí para ver máis sobre a nosa celebración.